S1601088 O xadrez como ferramenta educativa
O próximo día 9 de febreiro comezará no CAFI no curso presencial "O xadrez como ferramenta educativa", nas seguintes datas 9,16,23, de febreiro, 2, 8 e 15 de marzo.
Obxectivos:
1.Coñecer as normas básicas polas que se rexe o xadrez e as súas posibilidades didácticas.
2.Desenvolver actividades e xogos encamiñados a iniciar ao alumnado no xadrez.
3.Integrar o xadrez como contido e recurso interdisciplinar que favorece o desenvolvemento competencial.
Contidos:
1.Coñecemento das normas básicas polas que se rexe o xadrez.
2.Realización de xogos e actividades baseados no xadrez.
3.Catalogación de recursos didácticos para a implementación nas diferentes áreas curriculares.
4.O xadrez como recurso didáctico que potencia a adquisición das competencias.
Mér, 01/02/2017 - 13:04
Data de comezo: 9 de febreiro
Data de finalización: 15 de marzo
Horario: de 18 a 21h, excepto o 8 e o 15 de marzo de 17 a 21h.
Lugar de celebración: CAFI. Aula Biblioteca
Número de horas totais: 20
Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/detalleActividade.do?DIALOG-EVENT-consultar&clave=