Título node Learning object
O pasado curso 2015/16 formouse un grupo de traballo sobre “Prototipos robóticos para novas optativas LOMCE”. As actividades tiveron lugar no IES Alexandre Bóveda, mais participou profesorado de tecnoloxía de oito centros da Mancomunidade de Vigo.
A idea xurdiu nas XIV xornadas de APETEGA (Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia), nelas o profesor Tucho Méndez (Profesor de Tecnoloxía no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco e membro do Proxecto “Escornabot”) presentou unha ponencia e fixo unha demostración do funcionamento dos robots de baixo custo, que se programan facilmente a través de IDE Arduino; estes realizan movementos básicos: adiante, atrás, esquerda e dereita. O proxecto Escornabot foi iniciado en 2014 por un equipo de tres innovadores: Tucho Méndez, Rafa Couto e Xoán Sampaíño http://escornabot.com/web/).
Durante o verán de 2015 traballouse no escornabot por parte de Javier Diz Bugarín (Profesor de “Sistemas Electrónicos” no IES Escolas Proval de Nigrán), Gabriel Rodríguez Nieto (Técnico Especialista en Deseño Industrial”, desenvolvendo a súa actividade profesional no “Centro Tecnolóxico do Grupo Copo”) e Rafael Rodríguez Paz (Profesor de Tecnoloxía no IES Alexandre Bóveda e Profesor Asociado no Departamecontsrnto de “Deseño na Enxeñería” da UVigo).
Construíuse un prototipo, seguindo as instrucións e os deseños marcados polo grupo escornabot e detectáronse as seguintes dificultades: a dificultade para cambiar as pilas, a tarxeta de arduino saía cara e só funcionaban con botoeira.