S1601164 Creación de minivídeos para a docencia
Curso de 20 horas de duración con 16 horas presenciais e 4 horas na rede. Ten 5 sesións, a primeira delas terá lugar no Centro Autonómico de Formación (CAFI) en Santiago de Compostela e as seguintes no IES de Cacheiras (Cacheiras, Teo).
O curso será impartido polo profesor Sergio Clavero de Aturuxo Films con ampla experiencia no mundo audiovisual.
Os obxectivos do curso son:
1.Deseñar pequenos artefactos de aprendizaxe dirixidos ás aulas.
2.Manexar ferramentas na Rede, software e aplicacións en dispositivos móbiles de xeito autónomo.
3.Descubrimento de novos modelos de ensino-aprendizaxe
E os contidos:
1.Conceptos básicos nun minivídeo.
2.Deseño e planificación: curación de contidos, abstracción da información, creación de mensaxes e elaboración de guións.
3.Emprego de ferramentas TIC diversas.
4.Gravación e edición.
5.Aplicación dos minivídeos nas aulas
Máis información no documento adxunto e inscrición en Fprofe ata o 25 de xaneiro, prazas limitadas.