G1601085 - O portafolios educativo como instrumento de aprendizaxe e avaliación
Referencia: G1601085
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 16/01/2017 - 13/03/2017
Data límite de inscrición: Ata o 19/12/2016
Lugar: PLATEGA
Prazas: 50
Horas totais: 40
Obxectivos
1.Dar a coñecer que é un portafolios, que partes o compoñen, como se organiza e como se avalía.
2.Amosar ferramentas web 2.0 para a elaboración de un e-portafolios e coñecer a súa semántica e sintaxe.
3.Dar pautas sobre o proceso de reflexión educativa como mecanismo de autorregulación da aprendizaxe para a creación dun e-portafolios docente e para acompañar a creación do e-portafolios do alumno.
Contidos
1.O portafolios como sistema de ensino e aprendizaxe.
2.Ferramentas abertas para o desenvolvemento e avaliación do portafolios: ferramentas institucionais (Agueiro).
3.E-portafolios docente e e-portafolios do alumno:
3.1.Partes de cada un.
3.2.Medidas de acompañamento.
3.3.Como avaliar un e-portafolios.
Inscrición en Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe
Asesor: Xosé Antón Vicente Rodríguez - antonvicente@edu.xunta.es