Título node Learning object

Teléfono contra o acoso escolar: 900 018 018
Ven, 18/11/2016 - 09:20
Imaxe Teléfono acoso e malos tratos en centros docentes

O teléfono funcionará as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Este teléfono, que está operativo desde o día 1 de novembro, constitúese nunha ferramenta indispensable na loita contra o acoso escolar.

Destinatarios/as

As persoas destinatarias do servizo son o alumnado, os pais, as nais e as persoas titoras legais, docentes, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fose do centro docente.

Inclúense tamén os casos de ciberacoso, a través de internet, de móbiles e de redes sociais, así como o ámbito internacional nos nosos centros no exterior, centros de convenio e programas internacionais. A intención do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte é chegar a todos/as os/as menores e a todos os supostos de malos tratos no ámbito escolar.

Persoal especializado

As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grao universitario no ámbito da Psicoloxía. Ademais de proporcionar atención psicolóxica, conta cun equipo de traballadores/as sociais, xuristas e sociólogos/as que prestarán a atención que o/a menor necesite, incluída a consulta e a derivación do caso ás forzas e corpos de seguridade, a inspección educativa, centros de saúde, ministerio fiscal e outras autoridades e institucións competentes, sempre de forma voluntaria, e asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.

Gratuidade

A chamada é gratuíta, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.

Axuda á discapacidade

Ademais, ponse a disposición das persoas usuarias con discapacidade auditiva ou da fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun/ha axente en linguaxe de signos por vídeo-chat ou vídeo-chamada.