S1601063 As danzas populares e tradicionais como recurso para o traballo das competencias clave

Curso presencial destinado a mestres e profesores de Ensinanza Primaria e Secundaria de Música e Educación física que terá lugar a partir do vindeiro 17 de outubro.
Ven, 23/09/2016 - 13:20
S1601063 As danzas populares
S1601063 As danzas populares

Datas: 17,19, 24, 26 de outubro e 2, 7 e 9 de novembro

Lugar de Celebración: CEP de Ventín. Ames

Horario: 18 a 21h.

Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/detalleActividade.do?DIALOG-EVENT-consultar&clave=S1601063

Horas totais da actividade: 21          

Obxectivos:

1.Proporcionar ao profesorado recursos didácticos e materiais que lle permitan un traballo interdisciplinar e globalizador partindo da execución de danzas e bailes populares como centro de interese.

2.Desenvolver as capacidades do profesorado na práctica corporal a través da realización de danzas e bailes populares, facilitando o traballo por competencias.

3.Traballar a educación en valores a través da danza considerando a súa incidencia na valoración do traballo de grupo, do traballo dos demais, de respecto ao espazo dos outros.

Contidos:

1.A danza popular na escola: danzas do mundo e danza tradicional no ámbito educativo.

2.Posta en valor da danza na escola como recurso didáctico transversal e como medio de desenvolvemento das competencias.

3.Metodoloxía de aprendizaxe de ensino de bailes e danzas.