Na segunda fase do proxecto, partindo da concreción curricular como documento ponte, preténdese deseñar unidades didácticas integradas (UDI). Por outra banda a finalidade desta modalidade será facilitar a posta en marcha de proxectos de mellora dándolle una especial relevancia á avaliación tanto interna como externa e reflexionar en torno á mellora do rendemento e do éxito escolar a través das competencias básicas. Para conseguilo desenvolverase o seguinte itinerario:
1. Unha visión compartida sobre a situación do centro con respecto ás CCBB.
- Informar ao profesorado do centro sobre os contidos da nova fase de formación avanzada e facer difusión do portafolio de actividades realizadas na formación inicial, Informar da presenza COMBAS e redes europeas de CCBB.
- Valorar o nivel de desenvolvemento das CCBB no centro aplicando o cuestionario de impacto das CCBB para analizar a presenza das CCBB na vida do centro en comparación coa fase inicial.
- Analizar as consecuencias de incorporar á UDI os novos principios reguladores (Contextualización das aprendizaxes, integración curricular, integración metodolóxica e transparencia nos procesos de avaliación). Partirase da realización desta análisena UDI.
- Información ás familias sobre o traballo desenvolvido en torno ás CCBB e establecer espazos de colaboración nos niveis de aula e centro. OPCIONAL.
- Actualización da concreción curricular entre LOE-LOMCE. Debate sobre perfil de área e perfil de competencias á luz do Decreto de Ensinanzas Mínimas LOMCE, para actualizar o realizado con LOE. OPCIONAL.
- Analizar a adaptación do discurso COMBAS ao libro de texto. OPCIONAL.
2. Concrecións curriculares definitivas. UDI : desenvolvemento e avaliación.
- Revisar as UDIs elaboradas, e repasar as claves de concreción curricular, transposición didáctica, atención á diversidade e rúbricas. Presentar as diferenzas entre programación didáctica eprogramación de aula (UDI).
- Profundar no desenvolvemento das UDIs deseñadas na formación inicial, elaborando completamente as rúbricas de avaliación, organizando os recursos didácticos e os instrumentos de avaliación.
- Propoñer a elaboración de novas UDIs e contextualizalas na programación anual da Programación Didáctica para temporalizar o seu desenvolvemento.Revisar para iso as concrecións curriculares de referencia (claves da actualización LOE-LOMCE) e os perfís competenciais elaborados na formación inicial. Profundar no debate xa iniciado sobre as ponderacións dos criterios e indicadores en cada un dos perfís. Tomar acordos nos ciclos/departamentos e na CCP.
- Completar unha proposta para aproximar o discurso COMBAS e o modelo de UDI aos clásicos libros de texto ou materiais didácticos autoxestionados.
- Utilizar un soporte dixital para o deseño da UDI, aavaliación das aprendizaxes do alumnado e a elaboración de informes sobre resultados.
3. Avaliación interna e externa. PISA, probas de diagnóstico.
- Analizar os datos aportados polas avaliacións externas e definir desde esta análise a prioridade de actuación e un plan de mellora inicial.
- Iniciar a asociación dos indicadores identificados nas probas de avaliación externa con os indicadores utilizados na avaliación curricular das áreas ou materias implicadas. Inicio de revisión dos perfís competenciais.
- A avaliación. Clarificar o propósito da avaliación. Criterios de avaliación.
4.- A avaliación e a mellora do rendemento do alumnado.
- Analizar os ítems liberados das avaliacións externas.
- Elaboración de probas internas para a avaliación do desenvolvemento das CCBB. Traballo específico sobre probas para acceso entre etapas educativas, infantil-primaria eprimaria-secundaria.
- Análise do proceso de elaboración de escalas competenciais para o proceso de certificación.
- Análise e utilización de soportes dixitais para realizar a avaliación criterial e xerar informes de avaliación.
5. Consecuencias do traballo de CCBB no Proxecto Educativo, principios educativos, modelo de centro.
- Profundar na asociación dos indicadores identificados nas probas de avaliación externa cos indicadores utilizados na avaliación curricular das áreas ou materias implicadas. Inicio de revisión dos perfís competenciais.
- Valorar o nivel de desenvolvemento das CCBB nos Proxectos Educativos de Centro. OPCIONAL.
- Analizar e debater sobre a rendibilidade dos programas do centro e a súa repercusión na mellora do rendemento xeral, desde os programas educativos nos que está inmerso o centro.
- Actualización da zona de mellora do centro partindo das actividades realizadas nos bloques anteriores.
- Secuenciacióndas actividades do Plan de mellora a partir das conclusións do debate anterior.
6. Definición do plan de mellora consecuente e do plan de formación necesario.
- Detección de posibles necesidades formativas para desenvolver o plan de mellora do centro para o desenvolvemento competencial do alumnado. A súa categorización no ámbito curricular, organizativo y contextual.
- Deseño do Plan de Formación Anual.
7. Ao longo do plan elaborarase un portafolio coa documentación relativa ás actividades realizadas e unha memoria de actas que se entregará como traballo final.
- Presentación do portafolio das actividades realizadas polos centros durante a formación avanzada.
- Presentación da memoria de actas e da memoria final desde o centro coas reflexións do equipo docente que participou na formación así como as conclusións, especificando ademais debilidades e fortalezas. Propostas de mellora para futuras edicións da formación inicial.
- Conclusións