- O prazo de preinscrición finaliza o 26 de setembro de 2022, inclusive.
-
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 1 de xuño e remata o 14 de outubro de 2022, inclusive. Ampliado o prazo de presentación ata o 23 de outubro
Que son?
Destinatarios
Finalidade dos plans de formación
Os plans de formación terán como finalidade a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais docentes, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado, en consonancia coas iniciativas impulsadas en relación co sistema educativo de Galicia.
As competencias profesionais docentes a que se refire este punto, xunto coas subcompetencias asociadas, figuran no anexo de competencias profesionais docentes.
Liñas de traballo e competencias profesionais docentes dos plans de formación
1. Os PFPP deberán desenvolver algunha das seguintes liñas de traballo, que se corresponden coas directrices de Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (en diante, dirección xeral) para o curso 2022/23.
2. As liñas de traballo prioritarias dos PFPP, de acordo coas directrices da dirección xeral, serán as seguintes:
a) Competencia dixital: educación dixital e transformación dixital dos centros. Plan dixital do centro. Competencia dixital docente. Espazos virtuais para traballo en rede. Iniciativas formativas no ámbito STEM e fomento da creatividade e o emprendemento. Polos creativos.
b) Competencia didáctica: deseño e desenvolvemento dos novos currículos conforme os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) para a atención á diversidade do alumnado. Biblioteca escolar. Lectura, información e aprendizaxe. Metodoloxías didácticas.
Ademais, os PFPP poderán tratar unha das seguintes liñas:
c) Competencia en innovación e investigación. Plans de mellora dos centros: Xestión de calidade. Adecuación de espazos ao Plan de Arquitectura Pedagóxica. Centros saudables. Optimización da práctica docente: observación inter-pares e inter-centros. Desenvolvemento sostible.
d) Competencia en educación inclusiva e coeducación. Mellora da convivencia e benestar emocional. Relación coas familias.
e) Competencia comunicativa: programas de plurilingüismo e internacionalización dos centros educativos. Competencia comunicativa en linguas maternas e estranxeiras. Tratamento integrado de linguas. Participación en proxectos europeos. Aprendizaxe colaborativa e cidadanía global.
Estas liñas de traballo estarán asociadas ao desenvolvemento de, como mínimo, as seguintes competencias e subcompetencias docentes:
Estas liñas de traballo estarán asociadas ao desenvolvemento de, como mínimo, as seguintes competencias e subcompetencias:
LIÑAS DE TRABALLO | COMPETENCIAS | SUBCOMPETENCIAS |
|
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe. |
Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin. |
Competencia dixital docente |
Compromiso profesional Contidos dixitais |
|
|
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe |
Programación, seguimento e avaliación. Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin. |
Especialista na súa materia | Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares. | |
Investigador/a e innovador/a. | Investigación formativa. TAC. Alfabetización mediática e informacional. | |
|
Investigador/a e innovador/a. |
Diagnóstico e avaliación da práctica docente. |
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe. | Xestión, participación e implicación en proxectos comúns. Xestión administrativa de centro e calidade. | |
Membro dunha organización. | Centros saudables e seguridade integral. | |
|
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe. |
Acción titorial e atención á diversidade. |
Interlocutor/a e referente na comunidade educativa. |
Xestión e promoción de valores e convivencia, compromiso persoal e ético. Mediación e resolución de conflitos. |
|
Membro dunha organización. | Orientación pedagóxica, académica e profesional. | |
|
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe |
Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin. |
Especialista na súa materia |
Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares. |
|
Membro dunha organización |
Xestión da participación e implicación en proxectos comúns. |
|
Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras. |
Destrezas comunicativas verbais e non verbais. |
Características
1. Os PFPP estarán integrados por unha o máis liñas de traballo. Como principio xeral, potenciaranse a actualización e mellora das competencias profesionais docentes asociadas a cada liña.
2. Cada liña desenvolverase a través dun ou máis itinerarios formativos, dependendo dos diferentes niveis de competencia profesional que se pretenda acadar ou doutras circunstancias que así o xustifiquen.
3. Cada itinerario formativo constará de varias actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario), tendo en conta que en caso de que haxa algún curso, deberá estar vinculado a un grupo de traballo ou seminario. No caso excepcional de contar cunha soa actividade esta ten que ser grupo de traballo ou seminario.
4. As actividades de cada itinerario formativo estarán secuenciadas para que, partindo da situación inicial determinada polo centro, sexa posible alcanzar os obxectivos finais previstos.
As citadas actividades deberán estar integradas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
5. Os PFPP presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
6. Os centros que desenvolvan un PFPP contarán cunha escola de nais e pais a demanda das familias, canalizada a través do director/a do centro educativo, no momento en que estas o consideren oportuno.
Requisitos dos plans
1. Os PFPP deberán ser presentados ao claustro e ao consello escolar, e incluiranse na
programación xeral anual do centro.
2. Con carácter xeral, contarán cunha porcentaxe de participación representativa do claustro do centro en función do seu número e da participación dos distintos niveis, de ser o caso, salvo cando
a relevancia formativa do proxecto presentado ou a participación nun programa institucional xustifique que non se cumpra este requisito.
3. Cada centro poderá participar nun único PFPP.
4. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán participar presentando un mesmo PFPP conxunto. Neste caso, un dos centros actuará como representante e centro de referencia para efectos administrativos, e rexerán os mesmos requisitos que para os plans únicos de centro en canto á aprobación, e o PFPP executarase como unidade de acción.
5. Todo o profesorado que preste servizos nun centro seleccionado nesta convocatoria poderá participar no seu PFPP. Cada participante integrarase, como mínimo, nunha das liñas de traballo seleccionadas e, polo menos, nunha das súas actividades formativas. No caso de integrarse nunha única actividade, esta deberá ser un grupo de traballo ou un seminario, salvo no caso de itinerarios correspondentes a programas educativos que especificamente se indique na súa convocatoria.
6. Independentemente da liña ou liñas de traballo escollidas e das actividades que configuren cada itinerario formativo, todos os PFPP terán a súa disposición un módulo de formación específica en inclusión, convivencia e igualdade, que deberán realizar todas as persoas docentes que non acrediten a súa superación previa, para o cal contarán co apoio, asesoramento e acompañamento das persoas asesoras da rede de formación permanente do profesorado.
7.Un centro que desenvolva un PFPP, con carácter xeral, só poderá ser centro sede dun grupo de traballo ou seminario se nestas actividades participa profesorado doutros centros.
8. No caso de que un centro desenvolva un programa institucional, a participación do centro en PFPP será voluntaria, segundo as necesidades formativas de cada comunidade docente.
Proceso de elaboración e contido dos plans
1. Os centros interesados en participar nesta convocatoria contarán co asesoramento do Centro Autonómico de Formación e Innovación (en diante, CAFI) e dos centros de formación e recursos (en diante, CFR) aos que estean adscritos, co obxecto de elaborar o informe de detección de necesidades formativas, así como deseñar e redactar o PFPP.
2. O proceso de elaboración do PFPP constará dos seguintes pasos:
– Detección da área de mellora en relación coas liñas de traballo do apartado 4.
– Concreción das necesidades formativas en relación coa liña ou liñas seleccionadas.
–Elaboración do/s itinerario/s formativo/s para dar resposta ás necesidades detectadas. Estes incluirán a determinación das diversas actividades formativas (curso, seminario, grupo de traballo) xunto coas accións de aplicación á aula ou ao centro, a reflexión e a avaliación.
3. Os centros cumprimentarán na pestana correspondente da aplicación Fprofe os seguintes aspectos:
a) Membros do equipo de formación do centro.
b) Xustificación das necesidades formativas detectadas. c) Obxectivos xerais que se pretenden acadar co plan. d) Liñas de traballo propostas.
e) Itinerarios formativos do PFPP especificando para o primeiro ano:
Obxectivos específicos.
Actividades formativas: obxectivos, contidos e temporalización.
f) Relación detallada de materiais que se pretenden elaborar e documentos que se van entregar.
g) Relación de participantes no plan.
h) Aplicación na aula ou no centro.
i) Criterios e indicadores de logro referentes á aplicación e o impacto na aula ou no centro.
j) Medidas organizativas internas do centro previstas para o desenvolvemento do plan.
k) Seguimento e avaliación do plan
Máis información
Sobre este procedemento administrativo poderase obter información a través dos seguintes medios:
a) As seguintes páxinas web:
- Consellería: www.edu.xunta.gal
- CAFI: www.edu.xunta.es/portal/cafi
- CFR:
A Coruña: www.edu.xunta.es/portal/cfrcoruna
Ferrol: www.edu.xunta.es/portal/cfrferrol
Lugo: www.edu.xunta.es/portal/cfrlugo
Ourense: www.edu.xunta.es/portal/cfrourense
Pontevedra: www.edu.xunta.es/portal/cfrpontevedra
Vigo: www.edu.xunta.es/portal/cfrvigo
b) Os seguintes teléfonos:
CAFI: 981522411
CFR: A Coruña 981274221; Ferrol 981370541; Lugo 982251068; Ourense 988241533; Pontevedra 986872888; Vigo 986202370
Dirección Xeral de Centros Recursos Humanos:
981 54 65 58
981 54 65 59
c) Os seguintes enderezos electrónicos:
CAFI: cafi@edu.xunta.gal
CFR:
A Coruña: cfr.coruna@edu.xunta.gal
Ferrol: cfr.ferrol@edu.xunta.gal
Lugo: cfr.lugo@edu.xunta.gal
Ourense: cfr.ourense@edu.xunta.gal
Pontevedra: cfr.pontevedra@edu.xunta.gal
Vigo: cfr.vigo@edu.xunta.gal