Convocatoria

O CAFI e os CFR da Comunidade Autónoma Galega, consecuentemente coas liñas básicas de formación do profesorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, poñen en marcha, para o vindeiro curso académico 2022/23 diferentes sistemas de apoio ao perfeccionamento, entre os que se inclúe a convocatoria de grupos de traballo (GT) e seminarios dirixidos ao profesorado en activo de todos os niveis educativos, excepto o universitario, que imparta ensinanzas en centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Os grupos de traballo e seminarios desenvolveranse conforme ás seguintes bases:

O profesorado interesado deberá facer a súa preinscrición a través da aplicación informática FProfe, na pestana de “Convocatorias”, ata o 26 de setembro de 2022 inclusive. 

Non será tida en conta outro tipo de preinscrición.

 olicitude de participación e proxecto da actividade

A persoa coordinadora do grupo de traballo ou seminario fará a solicitude de participación e o proxecto a través de FProfe:

  • Solicitude: a solicitude xerada dende a aplicación entregara- se en rexistro no CAFI ou CFR, en papel, debidamente selada e asinada.

  • Proxecto: elaborarase un proxecto en fprofe seguindo o modelo da aplicación.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o día 14 de outubro de 2022.