A primeira fase do proxecto ten por obxectivo xeral elaborar exemplos de tarefas que integren obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias básicas iniciando unha concreción curricular que sirva de documento ponte entre os decretos que regulan o deseño do currículo e a actividade na aula. Para conseguilo desenvolverase o seguinte itinerario:
1. Coñecer a proposta europea e a normativa estatal e autonómica referente ásCCBB. Reflexionar sobre a motivación do profesorado con respecto ás CCBB.
- Coñecer as directrices europeas, estatais e comunitarias sobre o desenvolvemento das CCBB.
- Realizar unha valoración do clima do centro fronte ao cambio que supón a incorporación das CCBB ao currículo.
- Analizar as accións que se realizan na aula durante un período de tempo concreto cun grupo desde unha área o materia e relacionalas de forma intuitiva con cada unha das CCBB.
- Revisar e rectificar a relación realizada intuitivamente entre as accións de aula e as CCBB co apoio de distintos descritores de cada competencia
2. Analizar o currículo real de aula e a integración das CCBB no mesmo.Diferenciar exercicio, actividade e tarefa. Analizar a relación da presenza de exercicios, actividades e tarefas co peso das CCBB. Elaborar unha tarefa de área/materia que integre actividades, exercicios e a súa relación coas CCBB.
- Analizar as accións de aula descritas na actividade anterior e categorizalas partindo da definición de tarefas, actividades e exercicios, segundo aludan a distintos tipos e modelos de ensino e aprendizaxe. Clarificar a súa relación cos elementos do currículo (produto, obxectivos e contidos necesarios para lograr o nivel de desempeño da competencia).
- Definir a integración das actividades e exercicios que xeran o currículo real a través dunha estrutura de tarefas compartida. Analizar exemplos de tarefas realizados polo profesorado que participou noutras edicións de formación.
- Inicio da definición e estrutura da UDI (Unidade Didáctica Integrada), como referente da tarefa anterior.Inicio do deseño dunha UDI. Integración da secuencia de actividades e da selección de exercicios que desenvolva a tarefa, para comprender a necesidade do bloque 3: identificar os aprendizaxes imprescindibles das normativas para desenvolver posteriormente situacións de aprendizaxe ou UDIs.
3. Coñecera contribución das áreas/materias ás CCBB segundo o Decreto da Comunidade Autónoma Galega. Elaborar unha concreción curricular relacionando os elementos do currículo coas CCBB. Elaborar indicadores de avaliación dunha competencia básica para un curso e área/materia.
- Analizar a integración de cada un dos elementos do deseño curricular, presentes no decreto do curricular da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dunha definición operativa das competencias básicas.
- Establecer a relación dun criterio de avaliación co resto dos elementos do currículo das áreas e materias e elaborar indicadores de avaliación a partir deste criterio. Relacionar os indicadores elaborados coas CCBB.
- Analizar a concreción curricular da propia área a partir dalgún documento ponte.
- Iniciar OPCIONALMENTE a reflexión curricular LOE-LOMCE sobre indicadores e estándares.
- Elaboración dos perfís de área e de competencia. Iniciar a reflexión, non a execución. “¿Como distribuír a porcentaxe de CCBB entre las diferentes materias?”. Primeiro intento de ponderación dos indicadores en cada un dos perfís en abstracto e sen contextualizar. OPCIONAL.
- Iniciar a concreción ¿Como plasmar a efectos prácticos as CCBB nas tarefas ou programacións de aula da futura UDI? Realizar o deseño curricular das tarefas elaboradas, seleccionando os obxectivos didácticos, indicadorese as CCBB.
4. Definir o papel das metodoloxías, modelos de ensino e procesos cognitivos para deseñar tarefas que desenvolvan a aprendizaxe por CCBB.
- Analizar os tipos de pensamento que cualifican o valor das actividades nas accións de aula e os diferentes modelos e estratexias metodolóxicas que axudan a desenvolver as diferentes CCBB.
- Investigar sobre os distintos métodos e modelos de ensino que están presentes no currículo real do centro.
- Planificar a transposición didáctica completa da tarefa integrada deseñada e programada. Determinar tipos de pensamento e modelos de ensino, concretar recursos materiais e didácticos, agrupamentos, instrumentos, escenarios e temporalización.
- Iniciar a colaboración coas familias desde a tarefa da UDI, para desenvolver procesos compartidos de aprendizaxe escola/familia/comunidade. OPCIONAL.
5. Elaborar exemplos de avaliación criterial dunha tarefa. Utilización de indicadores e rúbricas.
- Profundar no debate“¿Como distribuír a porcentaxe de CCBB entre as diferentes materias?”. Ponderación dos indicadores en cada un de los perfís contextualizados na UDI.
- Análise dun instrumento de avaliación habitual nas prácticas de aula.
- Iniciar a elaboración de rubricas sinxelas partindo dos criterios/indicadores de avaliación da tarefa. Concretar os criterios de cualificación das tarefas deseñadas a partir das rúbricas e dos instrumentos de avaliación propostos para avaliar cada un de dos indicadores. Criterios de cualificación.
- Avaliar o deseño da tarefa da UDI elaborada e propor as melloras detectadas coa autoavaliación a partir dunha escalade valoración.
- Iniciar a previsión do desenvolvemento da UDI na programación anual de aula . Selección de UDIs para todo o ano académico como una parte da Programación Didáctica. OPCIONAL.
6. Ao longo do Plan elaborarase un portafolio coa documentación relativa ás actividades realizadas e unha memoria de actas que se entregará como traballo final.