Olimpíadas 2013 da Formación Profesional
Olimpíadas Nacionais de Formación Profesional: Spainskills 2013
Do día 13 ao 16 de febreiro celebrarase en Ifema (Madrid) a 34 edición das Olimpíadas de Formación Profesional, Spainskills 2013, están organizadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración coas Comunidades Autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Representación galega na Olimpíada 2013
Galicia presenta 23 competidores que participan en 21 skills. Estes competidores son os gañadores das medallas de ouro da II edición dos Campionatos Galegos da Formación Profesional Galiciaskills 2012, celebrados no mes de outubro do 2012.
Na seguinte ligazón relaciónanse os skills nos que Galicia participa, centro educativo, alumno competidor e o seu profesor titor.
Un total de 15 alumnas e alumnos da Formación Profesional galega viron recoñecida a súa valía nas olimpíadas nacionais da FP .