Participación da FP galega na edición especial de WorldSkills 2022
WorldSkills Competition 2022 Special Edition é a substitución oficial de WorldSkills Xangai 2022, cancelada no pasado mes de maio debido á pandemia da COVID-19.
Grazas ao compromiso dos socios e membros de WorldSkills, levaranse a cabo 62 skills ou especialidades durante 12 semanas en 15 países e rexións entre o 7 de setembro e o 26 de novembro de 2022.
A 46.ª Competición WorldSkills ampliará a súa presenza xeográfica fóra de Europa e trasladarase ao leste de Asia, a Xapón, EEUU e Corea.
Os gañadores das medallas de ouro na da edición nacional Spainskills 2022 conforman o equipo español que participará na Competición Internacional de Formación Profesional, Worldskills 2022.
A nosa Comunidade Autónoma participa en este campionato internacional con tres competidores, medallas de ouro na edición nacional Spainskills 2022, que competirán nas seguintes especialidades e irán acompañados polo seu profesorado titor:
Especialidade | Competidor/a | Centro | Titor/a | Lugar de celebración | Datas |
Cociña | María Emilia Piedra Iglesias | CIFP Paseo das Pontes | José Miguel García Silvarredonda | Lucerna (Suíza) | 19 ao 28 de outubro |
Recepción hoteleira | Sergio Martínez Calvar | CIFP Manuel Antonio | Roi Álvarez González | Montreux (Suíza) | 2 ao 11 de outubro |
Soldadura | Mateo Rubal Fanego | IES María Sarmiento | Eliseo Maseda Iglesias | Cleveland (USA) | 13 ao 22 de outubro |
RESULTADOS:
En Recepción hoteleira, o noso competidor Sergio Martínez Calvar conseguiu a medalla de bronce. Esta é a primeira medalla que consegue o equipo español nunha competición internacional de FP desde 2007, ano no que España volveu a competir e integrarse na organización internacional Worldskills.