Proxecto FUTUREfacing
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional está a participar no proxecto FUTUREfacing, integrado por un consorcio de seis socios de catro países europeos. O proxecto persegue compartir, desenvolver e transferir prácticas innovadoras en educación e formación para a industria da madeira, en base ás demandas do sector.
Os acabados e revestimentos constitúen un elemento esencial no deseño e produción de mobiliario. Determinan tanto a estética como as prestacións funcionais, e están suxeitos a lexislacións cada vez máis restritivas en temas de saúde, seguridade no traballo e o medio ambiente. A fabricación tradicional está a evolucionar incorporando nanotecnoloxía, secado UV ou propiedades antibacterianas, entre outras.
Partenariado
- DXEFPIE, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
- GAIN, Axencia Galega de Innovación
- XERA, Axencia Galega da Industria Forestal
- BCF, Federación Británica de Acabados (British Coatings Federation), Reino Unido
- FINSA, Financeira Maderera
- ILVA, Industrias Químicas IVM, Italia
- RAKVERE, Escola de Formación Profesional Rakvere Ametikool (Rakvere Vocational School), Estonia
- CIS-Madeira, Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira de Galicia
- CIS-Galicia, Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía
Colaboradores
- CFPIMM, Centro de Formación Profesional das Industrias da Madeira e Mobiliario [Centro de Formação Profissional das Indústrias da Madeira e Mobiliário], Portugal
- COSMOB, Centro Tecnológico da Madeira e o Moble [Centro tecnologico per il settore legno – arredo], Italia
- GMIT, Centro Nacional de Excelencia en Deseño de Mobiliario e Tecnoloxía [National Centre for Excellence in Furniture Design and Technology], Irlanda
- WOODWIZE, Centro de Formación en Madeira [OpleidingsCentrum Hout], Bélxica
Temporalidade
Do 1 de setembro de 2016 ao 31 de agosto de 2019.
Máis información
- Xornada de lanzamento do proxecto
- Reunión transnacional. Rakvere (Estonia), setembro de 2018
- Presentación do proxecto no CIFP Politécnico de Santiago
- Reunión transnacional. Valencia, abril de 2019
- Vídeo de demostración do simulador virtual de vernizado
- Evento multiplicador no CIFP Politécnico de Santiago. Xuño 2019
- Galería de imaxes do evento multiplicador no CIFP Politécnico de Santiago. Xuño 2019