Galería de imaxes Evento multiplicador FUTUREfacing no CIFP Politécnico de Santiago
Evento Multiplicador do Proxecto FUTUREfacing no CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) do 26 de xuño de 2019. Trátase dun proxecto Erasmus+ KA202, centrado no acabado e revestimento do moble e integrado por un consorcio de socios procedentes de catro países europeos: Estonia, Inglaterra, Italia e España.
No evento mostráronse os resultados acadados no proxecto mediante breves relatorios a cargo dos socios e o público asistente puido probar o simulador virtual de vernizado así como asistir ás demostracións interactivas in situ de técnicas de acabado e revestimento a cargo de Ilva, Finsa e a escola de Formación Profesional de Rakvere (Estonia).