Concurso Euroaprendices

A finalidade de Euroaprendices é que aqueles/as estudantes de Formación Profesional que realizasen actividades de mobilidade no marco do programa Erasmus+ compartan as súas experiencias e motiven á participación doutro alumnado.

Para isto, o SEPIE busca alumnos/as que finalizasen as súas mobilidades Erasmus+ e que sexan persoas dinámicas, con ganas de aprender e motivación, compromiso, entusiasmo, con iniciativa para organizar e participar en eventos de difusión, dominio das redes sociais e coñecementos informáticos, así como dispoñibilidade para viaxar dentro e fóra do territorio nacional.

O SEPIE solicita aos centros de FP que seleccionen un candidato ou candidata que teña realizado una mobilidad Erasmus+ no curso académico 2020 ou 2021 e que teña o perfil de Euroaprendiz.

Con este obxecto, desenvolveuse un formulario web para que o/a participante seleccionado/a cumprimente os campos requiridos:

O prazo para enviar o formulario cumprimentado finalizará o 15 de novembro de 2021.

Os Euroaprendices seleccionados representarán ás distintas Comunidades e Cidades Autónomas durante 2022 e poderán solicitar participar dentro de todas as actividades nacionais e internacionais que se realizarán durante o ano 2022.