Información xeral da FCT
Que é?
Módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. Son prácticas de carácter non laboral que se desenvolven nun ámbito produtivo real, con contidos consistentes na realización de actividades produtivas propias do perfil profesional.
Indispensable para a obtención do título académico.
Obxectivos
- Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos nos centros educativos.
- Coñecer e comprender, de forma real, a organización socio-laboral dun centro de traballo.
- Avaliar a competencia profesional do alumnado nunha situación real de traballo coa participación empresarial.
Finalidades
- Completar a formación adquirida no centro educativo.
- Adquirir a competencia profesional de cada título e unha madureza profesional motivadora de futuras aprendizaxes.
- Avaliar e acreditar os aspectos máis relevantes da competencia requirida no emprego.
- Adquirir o coñecemento da organización produtiva e o sistema de relacións sociolaborais do centro de traballo co fin de facilitar a súa futura inserción laboral.
Normativa
Na seguinte ligazón podes atopar a lexislación pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo, FCT.
Exención FCT
Solicitude de exención do módulo de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa práctica laboral.
Impreso de solicitude de exención de FCT
Axudas FCT
Na seguinte ligazón podes atopar a información correspondete ás axudas das FCT.
Póliza seguro das FCT
Na seguinte ligazón podes atopar a información correspondete á póliza de seguro da FCT.