FCT

 

Normativa que regula o módulo de FCT 


   
  • Orde do 24 de maio de 2005 pola que se regula o desenvolvemento de estadías formativas en empresas ou institucións situadas fóra do Estado español destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas non universitarias en centros autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o desenvolvemento de estadías de formación práctica en empresas ou institucións situadas en Galicia, destinadas ao alumnado procedente doutros Estados.
  • Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Corrección de erros da Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo.

  • Resolución do 13 de novembro de 2020 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de formación profesional, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19.

  • Resolución do 27 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de formación profesional, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19.

 

Normativa relacionada coas axudas


   
  • Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

 

Etiquetas: 
Tema: