Acreditación de competencias
Para calquera dúbida, aclaración ou consulta sobre o procedemento, cumprirá contactar co Departamento de Información e orientación profesional dos centros integrados de formación profesional ou co Departamento de Orientación dos institutos de educación secundaria de titularidade pública dependentes da administración educativa.
- Buscador de centros educativos
- Preguntas frecuentes
- Catálogo Nacional das cualificacións profesionais
Cuestionarios de autoavaliación e guías de evidencia
Os cuestionarios de autoavaliación son instrumentos de apoio ao procedemento, cuxo obxecto principal é orientar sobre o grao de axuste entre as características da competencia adquirida a través da actividade profesional e o estándar definido para cada unidade de competencia. A puntuación obtida serve para comprobar este grao de axuste, e constitúe unha información valiosa para a toma de decisións na participación no procedemento.
As guías de evidencia son o referente a considerar para a valoración na recollida de probas e evidencias das persoas candidatas.
Díptico sobre o procedemento
Presentacións xerais
Vídeos informativos
Folletos informativos sobre o procedemento
Normativa relacionada
- Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (no artigo 6.2 desta lei establécese a exención da taxa de asesoramento e da taxa de avaliación do Procedemento ARA).
- Orde do 4 de xuño de 2021 pola que se regula, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B)
- Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional (Título VI).
- Lei Orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional (Título VI).