EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “ENREDADAS EN EL CAMBIO”
Enviado por admin o Sáb, 10/02/2024 - 21:40
Dende o pasado luns 22 de xaneiro ata o 15 de febreiro tivemos a sorte de contar coa exposición fotográfica “Enredadas en el cambio” no salón de actos e na biblioteca do IES de Teis. O departamento de FOL e o grupo de Igualdade e Diversidade do centro solicitaron esta exposición fotográfica co gaio da XXIII Xornadas de orientación ao emprego que se celebra anualmente no noso IES e co gaio do 11F (Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia). Esta exposición da ONG Taller de Solidaridad desarrollo en femenino, ten como propósito impulsar a igualdade de xénero e a xustiza social para os colectivos máis vulnerables, con enfoque prioritario nas mulleres. Esta exposición contaba con 36 panéis en cartón pluma onde estaban representadas 7 mulleres emprendedoras. Ademáis, tivemos a oportunidade de complementar a exposición con un escape room virtual sobre emprendemento femenino que a propia ONG nos proporcionou e proxectamos no patio cuberto durante toda unha semana recursos audiovisuais sobre o proxecto Enredadas para promover a exposición dentro do noso centro.
Dende o IES estamos encantados de promover o arte e a mulleres emprendedoras, loitando pola igualdade de xénero e de oportunidades.