Skip to main content

EXPOSICIÓN “A ESCALA DA VIOLENCIA”

Dende o 27 de novembro, ata o 1 de decembro acollemos no noso centro educativo a exposición itinerante "A escala da Violencia". Esta exposición de once paneis é da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dentro do Programa municipal EnlazaVigo contra a violencia de xénero. Nela exprésase nunha escala lineal o complexo proceso da violencia de xénero na adolescencia. A exposición consta de once paneis. Un panel de presentación da exposición e outros dez que corresponden cada un a un chanzo da escala da violencia na mocidade. Solicitouse esta exposición para dar visibilidade á violencia de xénero e concienciar ao alumnado sobre a importancia de decatarse da escalada para previr dita violencia.