Procedemento
Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou de Ciclo Medio ou Superior (incluída a FCT e, para o caso de ciclos superiores, o proxecto), debes realizar o pagamento de taxas para a expedición do título.
Este pago de taxas pode facerse mediante dúas modalidades:
Telemáticamente
O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal/ segundo estes pasos:
- Cidadáns
- Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
- Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
- Iniciar taxa.
- Introducir os datos da taxa segundo se indica nos documentos que se atopan ao final desta páxina.
- Continuar.
No apartado obxecto débese poñer un texto similar a "Expedición do título de <poñer aquí o título> de <poñer aquí o nome>".
Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns - Pago de taxas e prezos - Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730 para envialo ao correo electrónico , xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación.
Presencialmente
Débese solicitar o impreso na Secretaría do IES de Teis, onde se lle indicará o trámite a seguir.
Tarifas de expedición de títulos
Título | Tarifa normal | Familia numerosa (categoría xeral) |
Familia numerosa (categoría especial) |
Duplicado |
---|---|---|---|---|
Bacharelato | 54,00€ | 27,03€ | 0 | 4,98€ |
Técnico (ciclo medio) | 22,07€ | 11,06€ | 0 | 2,55€ |
Técnico superior (ciclo superior) | 54,00€ | 27,03€ | 0 | 4,98€ |
Como cumprimentar os impresos
A continuación podes atopar os modelos para cumprimentar os impresos de pagamento:
- Impresos para ensinanzas LOE, as impartidas actualmente.
- Impresos para ensinanzas LOXSE, os seguintes títulos extinguidos: Ciclo Superior Desenvolvemento Aplicacións Informáticas, Ciclo Superior Administración de Sistemas Informáticos, Ciclo Medio Explotación de Sistemas Informáticos, Ciclo Superior Estética, Ciclo Medio Estética Persoal e Decorativa, Ciclo Medio Perrucaría e Ciclo Superior Asesoría de Imaxe Persoal.