Skip to main content

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “ENREDADAS EN EL CAMBIO”

Exposición Enredadas

Dende o pasado luns 22 de xaneiro ata o 15 de febreiro tivemos a sorte de contar coa exposición fotográfica “Enredadas en el cambio” no salón de actos e na biblioteca do IES de Teis. O departamento de FOL e o grupo de Igualdade e Diversidade do centro solicitaron esta exposición fotográfica co gaio da XXIII Xornadas de orientación ao emprego que se celebra anualmente no noso IES e co gaio do 11F (Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia). Esta exposición da ONG Taller de Solidaridad desarrollo en femenino, ten como propósito impulsar a igualdade de xénero e a xustiza social para os colectivos máis vulnerables, con enfoque prioritario nas mulleres. Esta exposición contaba con 36 panéis en cartón pluma onde estaban representadas 7 mulleres emprendedoras. Ademáis, tivemos a oportunidade de complementar a exposición con un escape room virtual sobre emprendemento femenino que a propia ONG nos proporcionou e proxectamos no patio cuberto durante toda unha semana recursos audiovisuais sobre o proxecto Enredadas para promover a exposición dentro do noso centro.

Dende o IES estamos encantados de promover o arte e a mulleres emprendedoras, loitando pola igualdade de xénero e de oportunidades.

 

Galería de imaxes do evento

Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas Exposición Enredadas

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License