XXII CROSS ESCOLAR e CARREIRA POPULAR de RIOMAIOR
A Asociación de Nais/Pais de Alumnos/as do CEP Plurilingüe de Riomaior, en Vilaboa, coa colaboración do Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa, está A ANPA do CEP Plurilingüe de Riomaior, en colaboración co Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa pon no seu coñecemento que o domingo 28 de Abril a partir das 10:00h da mañá celebrará o XXII Cross escolar. Convidannos aos alumnos e alumnas do noso Centro a participar neste evento. Ao final desta entrada tedes un arquivo con toda a información e as bases da carreira.
PROBAS
CATEGORÍAS | ANO DE NACEMENTO |
ALEVIN | 2012/2013 |
INFANTIL | 2010/2011 |
POPULAR | 1964/2009 |
INSCRIPCIÓNS
E‐Mail: ies.soutomaior.anpa@gmail.com
Data límite: 21 de abril
No correo indicaríase:
M/F | NOME E APELIDOS | ANO NACEMENTO |
CATEGORÍA | ALERXIAS | NOTAS |
(no cartel o día 22 e para enviarlles o listado completo dende aquí ).
Por motivos de organización necesitase saber o número de participantes con anticipación, só en casos excepcionais e debidamente xustificados deixarase inscribir o mesmo día da carreira.
Para poder puntuar por equipos, o número mínimo de atletas participantes será de 15 para centros de Ed. Primaria e 10 para centros da ESO.
POR FAVOR INDIQUEN SE ALGUN NENO/A PRESENTA ALGUNHA ALERXIA ALIMENTARIA
DORSAIS
Cada centro participante deberá traer cubertos os seus dorsais (non de pegar) co número asignado, o nome do alumn@, e categoría na que participa.
Todos os centros deberán designar un responsable ou delegado que acompañe ós participantes no día do evento.
HORARIOS DAS PROBAS E ORDE DE SAÍDAS
As probas darán comezo as 10h. da mañá do domingo 28 de abril. Os delegados dos centros poderán confirmar a composición dos seus equipos na Secretaría ata 30 min. antes do comezo da competición.
CATEGORÍA | HORARIO APROXIMADO | DISTANCIA APROXIMADA |
BENXAMÍN FEMININO | 10:00 | 600 m. |
BENXAMÍN MASCULINO | 10:10 | 600 m. |
MINIBENXAMÍN FEMININO | 10:20 | 400 m. |
MINIBENXAMÍN MASCULINO | 10:30 | 400 m. |
3, 4 E 5 ANOS | 10:45 | 100m, 150m e 200 m. |
ALEVÍN FEMININO | 11:10 | 800 m. |
ALEVÍN MASCULINO | 11:20 | 800 m. |
INFANTIL FEMININO | 11:30 | 1000 m. |
INFANTIL MASCULINO | 11:45 | 1000 m. |
POPULAR FEMININO | 12:00 | 1400 m. |
POPULAR MASCULINO | 12:00 | 2000 m. |
CLASIFICACIÓNS
Estableceranse dúas clasificacións:
- Individual, facendo figurar a tódolos atletas segundo a súa orde de chegada.
- Por equipos, sumando os puntos obtidos polos 4 atletas mellor clasificados,resultando vencedor o equipo que menos puntos acade. A Carreira Popular non puntuará nesta clasificación.
PERCORRIDO
OUTRAS NORMAS XERAIS
- Á Secretaría só se poderán dirixir os/as delegad@s de cada Centro.
- Quedarán anuladas as probas nas que non se acade, o día anterior, un mínimo de 6 participantes por categoría.
- Os delegad@s dos Centros serán responsables da seguridade dos seus atletas, estean ou non afiliados ó Seguro Deportivo.
- Ao lugar de saída só poderán acceder os atletas 5 min. antes do comezo da proba ao seren chamados por megafonía.
- Os/As atletas poderán cambiarse nos vestiarios do Pavillón de Riomaior. A Organización non se responsabiliza dos obxectos ou vestimentas depositados nos mesmos.
- Os /As delegad@s deberán velar porque os seus atletas non invadan as zonas correspondentes ós circuitos das probas, manteñan en condicións hixiénicas os espazos que ocupen e amosen en todo momento atitudes acordes coa nosa condición de educadores.
- Se algún Centro presentase menos atletas dos establecidos como número mínimo, es@s alumn@s poderán participar individualmente na categoría que corresponda, pero o seu Centro non puntuará como tal na clasificación por equipos.
- As infraccións das normas xerais de conducta deportiva durante o desenvolvemento das probas, así como outros aspectos non recollidos nas presentes normas serán regulados pola normativa da Federación Galega de Atletismo.
Saúdos,
A xunta directiva
Anexo | Tamaño |
---|---|
FOLLA INSCRIPCION 2024 COLES.pdf | 139.53 KB |
Póster XXII CROSS.jpg | 381.77 KB |
plano cross.pdf | 173.28 KB |