Skip to Content

Educación Física

Proxecto deportivo de centro

   

     Durante o curso 16/17 no IES SOFIA CASANOVA desenvolvimos ao longo do curso o proxecto de recreos activos, organizando actividades diversas para o alumnado do centro. Planificamos diferentes actividades para cada recreo do día, e fúmolas variando cada 2 meses.
     A participación do alumnado foi todo un éxito, estando o pavillón sempre cheo en tódalas actividades que se promocionaron e que detallamos a continuación:
    Deportes de raqueta            Torneo de Badminton
          Torneo de Fútbol                 Torneo de Voleibol
                Actividades con Patíns        Deseño de coreografías de HIP HOP                    Floorball
                                                             Imaxes e vídeos

O Sofía Casanova participa en "XOGADE 2017"

 

     Mércores 15 de marzo participamos no Campeonato provincial de orientacion “Xogade” que se celebrou en Acea da ma en Culleredo A Coruña. 

     Participamos con 17 alumnos de 3º da ESO cunha moi boa aceptación da actividade. Destacar o 1º posto en cadete feminino de Natalia Torres Bastida de 3º ESO C.

          Galería de imaxes

Semana da froita 2017

   

    Un ano máis, o IES Sofía Casanova participa no “PROGRAMA DE CONSUMO DE FROITAS E HORTALIZAS NAS ESCOLAS DA UNIÓN EUROPEA” coa axuda financieira da Unión.

    Este ano, na semana do 24 ao 28 de abril, realizouse o reparto grazas aos voluntarios de cada titoría. Como novidade, elaboraráronse atractivos pratos combinados de froitas para amosar outros xeitos de consumo. Esta actividade, como outras que se están a realizar no Sofía, ten como finalidade a promoción de estilos de vida saudable.

    Colaboraron na actividade a ANPA do IES Sofía Casanova, o depto. de Ciencias Naturais, o depto. Educación Física e o equipo de extraescolares e complementarias.

    Galería de imaxes            Máis información en Sofía en Verde

XOGADE - Xogos Galegos Deportivos

   

     O mércores, 15 de marzo, un grupo de 35 alumnos de 3º ESO participou nunha xornada de convivencia entre distintos centros da provincia que tivo lugar en Acea da Ma.

    Esta xornada, incluída no programa XOGADE (Xogos galegos deportivos), pretendía dar a coñecer a "Orientación deportiva". Natalia Torres, alumna do IES Sofía Casanova, resultou gañadora na categoría "cadete feminino".

Antroido 2017

   

  Outro ano máis, o IES Sofía Casanova participou activamente dos actos do antroido o venres 24 de febreiro.

    O alumnado do 1º ciclo de ESO asistiu, en primeiro lugar, a un festival de comparsas e disfraces onde disfrutou das actuacións que prepararan os seus compañeiros. Despois, participaron nunha "gymkhana" de xogos populares que organizaron os profesores de Educación Física.

    O alumnado de 2º ciclo de ESO e de Bacharelato participou en primeiro lugar na "gymkhana" de xogos populares e, a continuación, no concurso de comparsas e disfraces.

    Os gañadores do concurso de comparsas foron os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato e o gañador de disfraz e actuación individual foi Aarón Paredes Espinoza de 2º de ESO B, a grande sorpresa do día.

    Noraboa a todos por partipipar e por pasar un día tan divertido!!!

Almorzos saudables no Sofía

   

    O luns 28 de novembro, o departamento de Educación Física realizou unha novidosa actividade no noso centro que tivo moito éxito e a cal esperamos que teña continuidade.

     As alumnas e alumnos de segundo de ESO, xunto co seu profesor Alberto, elaboraron un almorzo saudable nos recreos. Explicáronnos a importancia dunha comida que debe aportar o 25% da enerxía da nosa dieta e tamén puidemos degustar moitos alimentos que deben estar na nosa dieta: lácteos (leite, iogur e queixo), cereais (diversos tipos de pan, cereais e galletas) integrais, froitas (frescas, deshidratadas e en confitura) e outros alimentos saudables (cecina, mel, aceite de oliva, ovos, xamón, vexetais...

    Adicar uns minutos cada mañá a almorzar sentadas e sentados a unha mesa con alimentos variados, atractivos e ricos en fibra marcarán unha diferenza considerable no desenvolvemento do noso día porque aportarán enerxía no só aos nosos músculos senón tamén ao noso cerebro, polo que o noso rendemento escolar mellorará notablemente.

Recreos deportivos

   O día 1 outubro comenzaron no ies “os recreos deportivos”.

    De luns a venres durante os recreos realízanse diferentes actividades deportivas no pavillón cuberto: badminton , voleibol , palas , ultimate , c. coreográficos , floorball , patinaxe , fútbol mini.

Actividades dos alumnos de Educación Física

 

    Os alumnos de 10 de Bacharelato realizaron recientemente unha xornada de sendeirismo e painball.

    Tamén participaron nun torneo de futbol sala.

    Nesta ligazón pódende ver fotografías desas actividades.

Distribuir contido


by Dr. Radut