Skip to Content

Almorzos saudables no Sofía

   

    O luns 28 de novembro, o departamento de Educación Física realizou unha novidosa actividade no noso centro que tivo moito éxito e a cal esperamos que teña continuidade.

     As alumnas e alumnos de segundo de ESO, xunto co seu profesor Alberto, elaboraron un almorzo saudable nos recreos. Explicáronnos a importancia dunha comida que debe aportar o 25% da enerxía da nosa dieta e tamén puidemos degustar moitos alimentos que deben estar na nosa dieta: lácteos (leite, iogur e queixo), cereais (diversos tipos de pan, cereais e galletas) integrais, froitas (frescas, deshidratadas e en confitura) e outros alimentos saudables (cecina, mel, aceite de oliva, ovos, xamón, vexetais...

    Adicar uns minutos cada mañá a almorzar sentadas e sentados a unha mesa con alimentos variados, atractivos e ricos en fibra marcarán unha diferenza considerable no desenvolvemento do noso día porque aportarán enerxía no só aos nosos músculos senón tamén ao noso cerebro, polo que o noso rendemento escolar mellorará notablemente.



page | by Dr. Radut