Skip to Content

Antroido 2017

   

  Outro ano máis, o IES Sofía Casanova participou activamente dos actos do antroido o venres 24 de febreiro.

    O alumnado do 1º ciclo de ESO asistiu, en primeiro lugar, a un festival de comparsas e disfraces onde disfrutou das actuacións que prepararan os seus compañeiros. Despois, participaron nunha "gymkhana" de xogos populares que organizaron os profesores de Educación Física.

    O alumnado de 2º ciclo de ESO e de Bacharelato participou en primeiro lugar na "gymkhana" de xogos populares e, a continuación, no concurso de comparsas e disfraces.

    Os gañadores do concurso de comparsas foron os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato e o gañador de disfraz e actuación individual foi Aarón Paredes Espinoza de 2º de ESO B, a grande sorpresa do día.

    Noraboa a todos por partipipar e por pasar un día tan divertido!!!



page | by Dr. Radut