Ábrese o prazo para pagar a cuota da ANPA PAULINA SÁNCHEZ OTERO. A cuota anual por familia é de 12 € a ingresar na seguinte conta bancaria de ABANCA:
IBAN ES74 2080 3568 0730 0001 6901
*Importante: Hai que poñer no apartado CONCEPTO o curso, clase e nome d@ alumn@*
Non é obrigatorio estar asociada á ANPA, pero nese caso, o alumnado non se beneficiara das axudas que se destinen a sufragar as diferentes actividades.
Pedimos a colaboración activa de todas as familias, por iso, agradecemos:
1) Cubrir o formulario con os datos d@ alumn@/s e curso/s (UN FORMULARIO POR FAMILIA).
2) Facer o ingreso da cuota da ANPA (os 12 euros).
Podedes enviarnos un correo electrónico a anpapaulinasanchez@gmail.com. Indicando o nome/s, curso e clase d@ alumn@, Teléfono de contacto e correo electrónico de contacto. Indicar se desexas ser incluído no grupo de avisos por Telegram e axuntar o xustificante de pago.
O prazo para asociarse neste curso 2021/2022 remata o 30 de novembro de 2021.
Calquera dubida ou aclaración, podedes dirixila ao email anpapaulinasanchez@gmail.com.
Prezadas familias do I.E.S. ILLA SAN SIMÓN
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as (ANPA) Paulina Sánchez Otero convócavos a unha asemblea o vindeiro venres 15 de Outubro ás 19:30 h. no I.E.S. Illa de San Simón. Temos moitas cousas que contarvos en pouco tempo. Agardamos a vosa presencia:
- As de 1º curso: Queremos presentarnos.
- As de 2º e 3º e 4º curso: Informarvos do que fixemos e queremos facer.
A orde do día da asemblea será:
1.- Memoria de actividades.
2.- Contas
3.- Renovación da xunta directiva.
4.- Inclusión na Federación de ANPAs de Redondela.
5.- Finalidade da ANPA. Ideas de accións e actividades. Suxestións e propostas.
6.- Excursión de 4º curso.
7.- Varios.
Debido á imposibilidade de usar o ABALAR, por ser unha ferramenta corporativa, e coa intención de evitar o uso innecesario e moitas veces infrutuoso de papel nestes tempos dixitais, a partir de agora, Pasaremos a facer os avisos e convocatorias mediante a plataforma TELEGRAM e tamén a través do noso apartado na pax. web do instituto. Para unirte ao grupo de TELEGRAM só tes que descargar TELEGRAM, se non o tes. Logo, buscar o enlace,, de invitación, ou escanear o QR, e picar en unirte. Tratase dun canal de Telegram polo que as mensaxes son unidireccionais dende a Xunta directiva da ANPA ás familias asociadas. Non se pode conversar nin enviar mensaxes por este canal. Para contactar coa Xunta directiva non se pode a través deste canal hai que facelo polo correo electrónico anpapaulinasanchez@gmail.com.
Podes Escanear este QR para abrir o canal, despois pica en unirte.
Ou no canal de telegram:
t.me/anpapaulina
Estimadas familias do I.E.S. ILLA SAN SIMÓN: A Asociación de nais e pais de alumnos Paulina Sánchez Otero convoca unha reunión o vindeiro venres 23 de Outubro a 20:00 no Illa de San Simón. Debido o momento actual precisamos que confirmen asistencia para poder garantir as medidas de seguridade oportunas, por favor, confirmar asistencia no teléfono ou WhatsApp 615669560, as persoas que non confirmen asistencia poderán entrar ata completar aforo. Temos cousas que contarvos: • Presentarnos e resumir o noso traballo e colaboración no curso 2019/20 • Convocar unha nova directiva da ANPA (precisamos da vosa axuda e colaboración) • Falar das actividades de este novo curso 2020/21 • Valorar a posibilidade da excursión dos alumnos de 4º da ESO • Promoción dunha federación de ANPAS de Redondela e posibilidade de federación • Dubidas e propostas das familias Ábrese o prazo para o pago da cuota do ANPA PAULINA SANCHEZ OTERO. A cuota é de 12 euros por familia e ingresarase no número de conta de ABANCA: IBAN ES74 2080 3568 0730 0001 6901 No papel do ingreso ten que aparecer como CONCEPTO: o nome d@ nen@ e o curso actual (se ten irmáns no centro deben aparecer os nomes dos irmáns e o curso correspondente). Como este ano non se pode usar o buzón do centro, o papel de ingreso se enviara vía e-mail o correo da ANPA: anpapaulinasanchez@gmail.com ou vía WhatsApp o número 625543644. O prazo para pagar o ANPA finaliza o 30 de Novembro. Calquera dubida, suxerencia ou problema, estamos a vosa disposición para apoiarvos, podedes chamar o telefono ou escribirnos o correo da ANPA. Redondela, Outubro 2020 ANPA PAULINA SÁNCHEZ OTERO do IES ILLA SAN SIMÓN
ADAPTACIÓN DOS ESTATUTOS DA ANPA PAULINA SANCHEZ OTERO
DO IES ILLA DE SAN SIMON Á LEI ORGÁNICA 1/2002.
Aprobados nunha reuión da ANPA de Decembro 2019
No enlace, aqui de abaixo, podes visualizalo:
Faga click enriba de esta frase, para visulizar o correo electrónico e o teléfono de contacto da ANPA
OUTUBRO 2018 - CARTA dirixida ás nais e pais da A.N.P.A.
*******************************************************************************************************************
Benvidos
Esta é a páxina web da A.N.P.A. "Paulina Sánchez Otero", do I.E.S. Illa San Simón.
A Anpa é a Asociación de Nais e Pais do alumnado do Centro.
A Anpa cumpre unha función moi importante dentro do centro:
1) Serve de intermediario entre o centro e as familias,
2) Representa a nais/pais no Consello Escolar do centro, e
3) Colabora coa Directiva do Centro na organización de actividades.
Membros da A.N.P.A. Paulina Sánchez Otero Curso: 2018 2019 | |
Organigrama | |
Presidenta | PAULA BARREIRO RODRÍGUEZ |
Secretaria | ANA MARIA FERNÁNDEZ MÍGUEZ |
Tesoureira | ANA VIDAL DA SILVA |
Vogal | |
Vogal | MARGARITA ARAÚJO MARTÍNEZ |
Vogal | Mª ROSA DURÁN PÉREZ |
Vogal | ROCÍO CARRASCO TÁBOAS |
Vogal | Mª MERCEDES SANTOS GARCÍA |
Vogal | SONIA FERREIRA MARTÍNEZ |
Vogal | SONIA GONZÁEZ GIL |
Vogal | Mª CONCEPCIÓN VIDAL RICO |
Vogal | Mª CARMEN ALEN AMIL |
Vogal | |
Membro Consello Escolar (dende outubro 2018) | FRANCISCO JOSÉ ÁLVAREZ LARRÁN |
Sánchez Otero, Paulina (Redondela, 1898 / Redondela, 21-6-1971)
Información obtida no enlace web:
http://anecdotarioredondelan.jimdo.com/cargos-p%C3%BAblicos/mestres-as-ii/
Acadou a titulación na Normal de Pontevedra.
Durante un tempo tivo escola na rúa Isidoro Queimaliños con Carmiña Lago.
Ensinou en Cedeira (interina entre decembro de 1928 e xuño de 1929), Cesantes (interina en 1930), Fofe (O Covelo), Budiño (Porriño), Moreira (Soutomaior) e Reboreda entre outras, pasando a maior parte da súa carreira en Ventosela (1952-1966).
Tanto nestas escolas como na vila de Redondela impulsou numerosas actividades para nenas e nenos: teatros, ballets, recitais poéticos, zarzuelas...; sendo axudada por outras mestras como Esmeralda Cal e Carmiña Lago.