Este venres 14 de Abril teremos a visita no centro da doutora en medicina e deportista olímpica Susana Rodriguez Gacio. É unha grande oportunidade de escoitar as experiencias dunha deportista de alto nivel cunha traxectoria vital que pode ser unha inspiración para todos nos.
Esperamos que aproveitedes a charla e participedes no turno de preguntas que se abrirá ó final da mesma.
Xa está en marcha unha nova edición do Campionato de atletismo. O vindeiro 12 de abril celebraremos o XIX Campionato de Atletismo Illa de San Simón.
O prazo de inscrición REMATA o día 5 de abril...cubre o formulario premendo na imaxe de abaixo.
Xa está aberto o prazo de inscrición para esta XVIII edición do Campionato de Atletismo.
O prazo de inscrición remata o venres 25...Animádevos!!
Preme na imaxe e accede ao formulario.
Un curso máis os nosos alumn@s de 3º e 4º teñen a oportunidade de sair a navegar na Enseada da Illa de San Simón. Unha primeira práctica neste trimestre e a segunda no mes de Maio.
Foto de Pablo Taibo
Preme nos enlaces e accede as imaxes:
Album 4ºB (fotógrafos: Pablo Taibo, Manuel Álvarez y Miguel Parada)
O pasado xoves 28 de setembro, os alumnos de 4º e 2ºC tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o baloncesto en cadeira de rodas. Con motivo da celebración da Copa Galicia de baloncesto adaptado en Redondela, o club AMFIV de Vigo impartíu no pavillón de A Marisma unha clase teórico/práctica para os nosos alumnos. Deste xeito poideron coñecer as peculiaridades do baloncesto en cadeira de rodas, así como outros temas relacionados co día a día das persoas con problemas de movilidade.
Preparados, listos...xa
Un ano máis, unha nova edición do Campionato de Atletismo Illa de San Simón xa está aquí, Venres 7 de abril. Premendo na imaxe de abaixo poderedes acceder ao formulario de inscrición das probas. Animádevos a batir o "primeiro récord", o da participación, que o ano pasado chegou aos 165 alumn@s. O prazo de inscrición remata o venres 31
Preme na imaxe e accede ao formulario.
Xa está en marcha a XVI edición do Campionato de Atletismo IES Illa de San Simón. Para inscribirse só teredes que cubrir o formulario.
Ánimo e sorte a tod@s.
Preme na imaxe.
Un ano máis o departamento de Educación Física do Illa de San Simón, pon en marcha a unidade didáctica de Vela. Actividade dirixida aos alumnos de 3º e 4º.
Unha vez rematadas as sesións teóricas, chega o día máis agardado, mañá luns 25 será o momento de sair a navegar. Ao longo desta semana, esperemos que o tempo axude, os grupos de 3º e 4º da ESO do noso instituto, farán as primeiras prácticas de navegación.
Temos que agradecer a colaboración do Centro Recreativo Cultural de Redondela para poder levar a cabo este proxecto.
Imaxes da clase teórica 4º A C DC Imaxes da clase teórica 4º B
O longo desta pasada semana, os nosos alumnos de 4º da ESO tiveron a ocasión de ter contacto cunha nova actividade na clase de Educación Física, o Tiro con Arco.
Adestradores do Clube MEIGARCO de Redondela foron os encargados de dinamizar a actividade. Unha pequena introdución teórica antes de pasar a realizar a esperada práctica cos diferentes arcos.
Imaxes dos diferentes grupos.