Aquí tedes o enlace para cubrir a Ficha persoal de Educación Física para o curso 2023 2024
Bo curso.
Preme na imaxe e accede ao formulario
Este venres 14 de Abril teremos a visita no centro da doutora en medicina e deportista olímpica Susana Rodriguez Gacio. É unha grande oportunidade de escoitar as experiencias dunha deportista de alto nivel cunha traxectoria vital que pode ser unha inspiración para todos nos.
Esperamos que aproveitedes a charla e participedes no turno de preguntas que se abrirá ó final da mesma.
Aquí tedes o enlace para cubrir a Ficha persoal de Educación Física para o curso 2022 2023
Bo curso.
Preme na imaxe e accede ao formulario
PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA 2021-22
(Clica e accede á programación 2021-22)
ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN 21/22
(Clica e accede á adaptación)
Hoxe 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade. Aquí tedes un "Trailer" dun documental de deporte PARALIMPICO...merece a pena ! Teredes 2 minútos ?
Aquí tedes o enlace para cubrir a Ficha persoal de Educación Física para o curso 2020 2021
Bo curso.
Preme na imaxe e accede ao formulario
Podedes atopar as tarefas de Educación Física no seguinte blogue: www.ahoranostocaef.blogspot.com
TAREFAS SEMANA DO 27 DE ABRIL (CLICANDO NO ENUNCIADO ACCEDE ÁS TAREFAS)
TAREFAS DO 20 AO 24 DE ABRIL (CLICANDO NO ENUNCIADO ACCEDE ÁS TAREFAS)
TAREFAS 2ª QUINCENA (30 de marzo ao 3 de abril...13 ao 19 de abril) (domisalinas@gmail.com)
Aquí os deixo 4 actividades diferenciadas: Teoría, Práctica, un Xogo que espero os guste e un pouco de Lectura deportiva.
E moito Ánimo!
TEORÍA:
Unha vez feito o curso de bádminton, continuamos agora co deporte de Atletismo. Coñece as diferentes probas, vídeos dos récords do mundo, imaxes...
Accede á Aula Virtual co voso "usuario" e date de alta no curso de ATLETISMO coas seguintes contrasináis por cursos:
4ºA = atl4a
4ºB = atl4b
4ºC = atl4c
Primeira semana: tedes que consultar todo o publicado no curso de ATLETISMO. Quedará o rexistro das "entradas" nas diferentes actividades.
Segunda semana: resolveréis o cuestionario e publicarei as respostas para que o poidades correxir.
enlace Aula Virtual:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessansimon/aulavirtual/course/index.p...
PRÁCTICA:
Aquí deixo un enlace para realizar actividade física na casa. Tal e como os comentei no mail, e moi importante que fagades algo de actividade física. Neste enlace atoparedes a dous adetradores persoais facendo sesións dende a súa casa. Tódolos días ás 10 online...ou se queredes as sesións quedan subidas en youtube. Un dos adestradores estará sentado, xa que tamén vai dirixido a persoas con mobilidade reducida. ÁNIMO!!
Muévete con nosotros!!
http://www.youtube.com/channel/UCJ7-GMHkGNP5sVN9AQQa8mA?sub_confirmation=1
Ou preme na imaxe. Ao entrar no canal, podes elexir a sesión...ÁNIMO!!
XOGO DA OCA DEPORTIVO
Aqui os deixo un xogo de "sempre", pero adaptado para facer exercicio estos días "xogando" en familia.
Clica na imaxe e o podes descargar en PDF.
ARTIGOS PARA LER SOBRE DEPORTE https://www.edu.xunta.gal/centros/iessansimon/node/498
TAREFAS 1ª QUINCENA (16 ao 29 marzo)
Aquí os deixo algunha tarefa para estos días.
Unha parte teórica de repaso do deporte do bádminton e outra práctica para animaros a facer algo de actividade física.
Ánimo e xa sabedes #quedanacasa, "se coido de min coido de todos".
Calquera dúbida ou consulta domisalinas@gmail.com
TEORÍA
Accede á Aula Virtual co voso "usuario" e date de alta no curso de badminton coas seguintes contrasináis por cursos:
4ºA = bd4a
4ºB = bd4b
4ºC = bd4c
Primeira semana: tedes que consultar todo o publicado no curso de bádminton. Quedará o rexistro das "entradas" nas diferentes actividades.
Segunda semana: resolveréis o cuestionario e publicarei as respostas para que o poidades correxir.
enlace Aula Virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessansimon/aulavirtual/course/index.p...
PRÁCTICA
Anímovos a facer un poco de actividade física durante estes días. Seguro que tedes tempo. Podedes animar aos vosos familiares.
Aquí deixo unha idea e un RETO, á volta a clase faremos a actividade completa do vídeo...Aceptades o RETO??
Xa está en marcha unha nova edición do Campionato de atletismo. O vindeiro 12 de abril celebraremos o XIX Campionato de Atletismo Illa de San Simón.
O prazo de inscrición REMATA o día 5 de abril...cubre o formulario premendo na imaxe de abaixo.
Xa está aberto o prazo de inscrición para esta XVIII edición do Campionato de Atletismo.
O prazo de inscrición remata o venres 25...Animádevos!!
Preme na imaxe e accede ao formulario.
Un curso máis os nosos alumn@s de 3º e 4º teñen a oportunidade de sair a navegar na Enseada da Illa de San Simón. Unha primeira práctica neste trimestre e a segunda no mes de Maio.
Foto de Pablo Taibo
Preme nos enlaces e accede as imaxes:
Album 4ºB (fotógrafos: Pablo Taibo, Manuel Álvarez y Miguel Parada)
O pasado xoves 28 de setembro, os alumnos de 4º e 2ºC tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o baloncesto en cadeira de rodas. Con motivo da celebración da Copa Galicia de baloncesto adaptado en Redondela, o club AMFIV de Vigo impartíu no pavillón de A Marisma unha clase teórico/práctica para os nosos alumnos. Deste xeito poideron coñecer as peculiaridades do baloncesto en cadeira de rodas, así como outros temas relacionados co día a día das persoas con problemas de movilidade.
Preparados, listos...xa
Un ano máis, unha nova edición do Campionato de Atletismo Illa de San Simón xa está aquí, Venres 7 de abril. Premendo na imaxe de abaixo poderedes acceder ao formulario de inscrición das probas. Animádevos a batir o "primeiro récord", o da participación, que o ano pasado chegou aos 165 alumn@s. O prazo de inscrición remata o venres 31
Preme na imaxe e accede ao formulario.
Xa está en marcha a XVI edición do Campionato de Atletismo IES Illa de San Simón. Para inscribirse só teredes que cubrir o formulario.
Ánimo e sorte a tod@s.
Preme na imaxe.
Un ano máis o departamento de Educación Física do Illa de San Simón, pon en marcha a unidade didáctica de Vela. Actividade dirixida aos alumnos de 3º e 4º.
Unha vez rematadas as sesións teóricas, chega o día máis agardado, mañá luns 25 será o momento de sair a navegar. Ao longo desta semana, esperemos que o tempo axude, os grupos de 3º e 4º da ESO do noso instituto, farán as primeiras prácticas de navegación.
Temos que agradecer a colaboración do Centro Recreativo Cultural de Redondela para poder levar a cabo este proxecto.
Imaxes da clase teórica 4º A C DC Imaxes da clase teórica 4º B
O longo desta pasada semana, os nosos alumnos de 4º da ESO tiveron a ocasión de ter contacto cunha nova actividade na clase de Educación Física, o Tiro con Arco.
Adestradores do Clube MEIGARCO de Redondela foron os encargados de dinamizar a actividade. Unha pequena introdución teórica antes de pasar a realizar a esperada práctica cos diferentes arcos.
Imaxes dos diferentes grupos.
Programación de Educacińo Física con todos los apartados prescriptivos de la Consellería de Educación.
Podemos visualizar los objetivos, los contenidos, criterios de evaluación así como medidas de atención a la diversidad y la contribución de la materia al Plan Lector y lan de Acción Tutorial
Xa está en marcha o Campionato de Atletismo 2015. Este ano ás inscripcións faránse dende a nosa web.
Clica na imaxe e cubre o formulario...é moi sinselo