Prezadas familias do I.E.S. ILLA SAN SIMÓN
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as (ANPA) Paulina Sánchez Otero convócavos a unha asemblea o vindeiro venres 15 de Outubro ás 19:30 h. no I.E.S. Illa de San Simón. Temos moitas cousas que contarvos en pouco tempo. Agardamos a vosa presencia:
- As de 1º curso: Queremos presentarnos.
- As de 2º e 3º e 4º curso: Informarvos do que fixemos e queremos facer.
A orde do día da asemblea será:
1.- Memoria de actividades.
2.- Contas
3.- Renovación da xunta directiva.
4.- Inclusión na Federación de ANPAs de Redondela.
5.- Finalidade da ANPA. Ideas de accións e actividades. Suxestións e propostas.
6.- Excursión de 4º curso.
7.- Varios.
Debido á imposibilidade de usar o ABALAR, por ser unha ferramenta corporativa, e coa intención de evitar o uso innecesario e moitas veces infrutuoso de papel nestes tempos dixitais, a partir de agora, Pasaremos a facer os avisos e convocatorias mediante a plataforma TELEGRAM e tamén a través do noso apartado na pax. web do instituto. Para unirte ao grupo de TELEGRAM só tes que descargar TELEGRAM, se non o tes. Logo, buscar o enlace,, de invitación, ou escanear o QR, e picar en unirte. Tratase dun canal de Telegram polo que as mensaxes son unidireccionais dende a Xunta directiva da ANPA ás familias asociadas. Non se pode conversar nin enviar mensaxes por este canal. Para contactar coa Xunta directiva non se pode a través deste canal hai que facelo polo correo electrónico anpapaulinasanchez@gmail.com.
Podes Escanear este QR para abrir o canal, despois pica en unirte.
Ou no canal de telegram:
t.me/anpapaulina