Taboleiro

Mellores expedientes do 2016

http://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2016/07/expdietns-sanrose.jpg

 Dúas alumnas do IES San Rosendo de Mondoñedo obtiveron máis de 9 na nota media entre o bacharelato e a fase xeral das probas de acceso á universidade (PAAU). Foron Laura Fraga Gómez e Ana Losada Lombardía, que participaron na entrega de premios da USC aos mellores expedientes. O acto contou coa intervención de María José Cuesta Fernández, directora do IES San Rosendo de Mondoñedo, en representación dos centros de Ensino Medio.

A nova en Cronica 3.com

Os alumnos de bacharelato asistriron a unha conferencia de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.

O pasado xoves, 17 de marzo, os alumnos de Bacharelato e 4º de PDC asistiron a unha conferencia sobre a "Ourivería prerromana e castrexa" impartida por Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo na sede da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Central.

Os alumnos de francés acudiron a Lugo a ver El ávaro de Moliere

O mércores 16 de marzo os alumnos de francés de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato acudiron a Lugo a presenciar a obra de teatro El ávaro de Moliere. De paso aproveitaron para visitar o Museo Provincial de Lugo e a Torre Fortaleza de San Paio de Narla en Friol.

Entroido 2016

Distribuir contido