Taboleiro

Entroido 2016

Feito por Amparo Bermúdez

Xubilación de Don Pepe

Xubilación de don Pepe on PhotoPeach

O alumnado do IES San Rosendo en Andorra

IMG_7754

 

Un grupo de alumnos de ESO e Bacharelato do IES San Rosendo Mondoñedo está a disfrutar dunha semana de neve e deporte en Andorra. Ademáis da forma física mellorase a socialización, a convivencia e ata os idiomas, ao ter que falar con xente de moitos países diferentes.

 

 

A nova en Cronica 3. com (A mariña)

 

Os alumnos de 1º de ESO fixeron unha visita a Santiago de Compostela

Alumnos de 1º da ESO en Santiago de Compostela

    O pasado día 12 de xaneiro os alumnos de 1º da ESO do IES San Rosendo visitaron Santiago de Compostela. Alí acudiron ó Teatro Principal a ver a obra de teatro en inglés Keep calm, visitaron o Museo das Peregrinacións, fixeron un recorrido pola catedral e acudiron a ver a exposición permanente do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)

PAU 2015-16

O IES San Rosendo foi galardonado nos Premios Camiño de Santiago 2015

Os galardóns da I Edición dos Premios Camiño de Santiago, promovidos por Turismo de Galicia, foron entregados na mañá do 16  de decembro nun acto celebrado na Cidade da Cultura que contou coa participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o xerente de Xacobeo, Rafael Sánchez, entre outras autoridades.


Estes premios constitúen un recoñecemento institucional e social ás iniciativas públicas e privadas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, aquelas que impulsan novos servizos ou a innovación e mellora daqueles que se prestan aos peregrinos así como as accións específicas de divulgación e promoción do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, tamén subliñou a relevancia universal do fenómeno xacobeo e a importancia que os Camiños teñen para o desenvolvemento de Galicia. Segundo dixo, con estes galardóns estase recoñecendo o talento e a excelencia en prol da conservación, a difusión e a posta en valor do Camiño de Santiago.

O conselleiro tamén asegurou que con estes galardóns se recoñece a investigación patrimonial e a aposta pola educación dos máis cativos, xa que con formación, sensibilización e investigación contribuímos a que “o noso patrimonio teña, ademais de presente, futuro”.

Premiados

O IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo foi galardonado na categoría destinada a premiar a labor académica, educativa e de investigación pola actividade realizada en torno ao camiño na materia de inglés polos alumnos de primeiro de bacharelato, coordinada pola profesora Elisa López Sánchez e a auxiliar lingüística Annie Ornelles, durante o pasado curso 2014-15. Nesta categoría tamén foron premiados o Grupo de Investigación Cultural e Sociedades no Mundo Ibérico desde a Idade Media, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, e o Colexio de Educación Infantil e Primaria Belesar, de Baiona.

 

 

Distribuir contido