Taboleiro

A biblioteca do IES San Rosendo

O IES San Rosendo de Mondoñedo conta cunha biblioteca que permanece aberta en horario lectivo de 9.30 da mañá a 15.00 da tarde; os luns abre tamén de 16.30 a 18.10.

Todos os recursos de que dispón (libros, material de reforzo e audiovisual, xogos…) están automatizados e pódese acceder a eles a través do OPAC MEIGA e dos blogs da biblioteca.

A biblioteca pertence ao Plambe V e oferta os servizos de empréstito, acceso á rede por medio de 6 ordenadores ao dispor dos usuarios, consulta en sala e asesoramento á comunidade educativa. Ademais coordina o club de lectura e organiza a hora de ler. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 Elaborado pola profesora Ana Rodríguez Ramos
 

O IES San Rosendo foi galardonado nos PREMIOS CAMIÑO DE SANTIAGO 2016!

   Resultado de imagen de galicia o bo camiño

O IES San Rosendo foi galardonado co primeiro premio na modalidade de traballos en centros educativos de primaria e secundaria nos Premios Camiño de Santiago 2016 convocados por Turismo de Galicia.

   O traballo presentado a estos premios foi coordinado pola profesora Amparo Bermúdez. A nosa noraboa á todos alumnos e profesores que colaboraron na súa realización!

 

O IES San Rosendo foi distinguido cunha das condecoracións da Orde Civil de Alfonso X El Sabio

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou as condecoracións da Orde Civil de Alfonso X El Sabio concedidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que recoñeceron o IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo), cunha Placa de Honra.

A Orde Civil de Alfonso X El Sabio premia ás persoas físicas e xurídicas e ás Entidades, que se distinguiran polos méritos contraídos nos campos da educación, a ciencia, a cultura, a docencia e a investigación ou que prestaran servizos destacados en calquera deles, tanto en España como no estranxeiro. Estas condecoracións son Encomendas con placa, Encomendas, Cruces e Placas de Honra, e foron concedidas polo ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, con motivo da Festa Nacional do 12 de Outubro.

Programa de inmersión lingüística de outono

Programa de inmersión lingüística de outono

O IES San Rosendo foi escollido para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, "English Week", no curso 2016/2017 correspondentes ao curso de segundo da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ao abeiro da Orde de 12 de xullo de 2016

Estas actividades será terán lugar do 6 ao 12 de novembro.

Máis información en: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20205

Bolsas da Fundación Amancio Ortega para alumnos de 4º de ESO

 

 CONVOCATORIA 2017 - 2018

 

REQUISITOS:

Estudiar actualmente
4º de ESO en un centro
educativo en España y
tener pasaporte español.

Tener una nota media igual o superior a 7 puntos, y una nota de inglés igual o superior a 8 en 3º de ESO            

No haber estudiado un año
académico en el extranjero
con anterioridad
(1º, 2º o 3º de ESO)

Enviar en plazo el formulario on line con toda la documentación requerida.

 

 

Distribuir contido