Taboleiro

Charla - coloquio sobre o Parlamento de Galicia

 IMG_7809

O pasado día 20 o alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo, tivo a oportunidade de coñecer máis polo miúdo o funcionamento do Parlamento Galego. Da man dos ex-deputados Emma Álvarez, Ismael Rego e Alberte Rodríguez, dialogaron non só dos aspectos máis técnicamente relevantes, senón que tamén preguntaron e debatiron sobre diferentes aspectos da actualidade política, tanto galega como estatal. Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora.

 

http://www.cronica3.com/2017/11/charla-ex-deputados-no-ies-san-rosendo/

 

 

Charla coloquio sobre o Parlamento de Galicia

   ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CHARLA-COLOQUIO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA

 

 

Día: 20 de novembro

Hora:16:30 a 17:30

Lugar: Sala de Proxeccións

Para: Bacharelato

Organiza: Dpto. Xeografía e Historia

 

 

Os EX DEPUTADOS que asistirán ao IES San Rosendo de Mondoñedo son:

- María Enma Álvarez Chao (PPdeG)
- Ismael Rego Fernández (PSdeG-PSOE)
- Alberte Xullo Rodríguez Feixoo (BNG)

O Parlamento de Galicia oferta esta charla-coloquio dirixida ao alumnado de Bacharelato, dando así continuidade ao compromiso de achegamento á comunidade educativa e tendo como obxectivo que os estudantes coñezan de preto o traballo que se desenvolve nesta institución.

Para elo contan coa colaboración da Asociación de Ex Parlamentarios/as, quen se encarga de que exdeputados/as das distintas forzas políticas galegas se despracen ata o centro de ensino para impartir a charla e dar resposta ás cuestión plantexadas polo estudantado no coloquio posterior.

Horario dos exames de setembro 2017

Victor López acadou un 12,85 na selectividade

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2017/06/24/as-probas-saironme-moito-mellor-do-esperaba/0003_201706X24C2991.htm#

«As probas saíronme moito mellor do que esperaba», explica en LA VOZ DE GALICIA Víctor López Fernández. Con 18 anos cumpridos, este alumno do IES San Rosendo de Mondoñedo acadou nas PAAU unha nota de 8,8 e no bacharelato rematou cunha media de 9,48, o que o deixa cunha nota definitiva de 12,85. Dálle para entrar na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, onde espera comezar o dobre grao de Comunicación Audiovisual e Periodismo. Esta é a súa primeira opción, de segunda pon Periodismo. Santiago sería o seu primeiro destino: «Quería acabar en Madrid, na Carlos III. Dixéronme que era a mellor en Periodismo».

 

Do curso que rematou, di que o máis duro eran a semanas de exames. Cando se lle pregunta se estuda moito, contesta que «son bastante desorganizado, pero aínda así, se sabes levar as cousas...». No seu caso, foi por Humanidades, e o latín ou o arte foron das súas materias preferidas. Fóra das aulas, gústalle a fotografía e o teatro, que puido practicar como actor, formando parte do grupo da asociación Xuvenil Xoldra.

 

 .https://i.avoz.es/sc/v9K1tLlRwrLbIC9rM_IdCQFI5uY=/600x/2017/06/23/001214... 600w, https://i.avoz.es/sc/Hj_OBJIVCeXVyEEKN2EiLfJl3oE=/900x/2017/06/23/001214... 900w" data-src="https://i.avoz.es/sc/xzwPCkHUAwtmcFu1AaymcD4BeRU=/x/2017/06/23/00121498249742459327487/Foto/XJ21C3F9_22275.jpg" data-sizes="auto">

Sara Muiña, entre as mellores da selectividade.

 

Sara Muiña (IES San Rosendo de Mondoñedo) en La Voz de Galicia (A Mariña):                                                                               

 Sara Muíña Ramil

«Sintes presión, sempre cres que hai algo que non sabes»

 

«Foi un ano duro», recoñece Sara Muiña. Pero finalmente cumpliu o seu obxectivo, e a nota final de 12,7 -sacou un 8,35 na ABAU e un 9,95 no bacharelato- permitirálle facer Medicina en Santiago. Os seus resultados serían aún máis espectaculares de non terse «bloqueado» en matemáticas, donde se quedóu no 5. Con todo, móstrase contenta: «Foi un ano de moita presión, porque sempre tes a sensación de que hai algo que non sabes». Ademáis, explica, no pasado curso estivo cunha beca da fundación Amancio Ortega nos Estados Unidos e costoulle recuperar o ritmo a súa volta.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2017/06/23/escolares-bandera-marina/0003_201706X23C2992.htm#

Os alumnos de FP Básica gañan o segundo premio do programa Lanzadeiras do Lugo Emprende

A iniciativa Lugo Emprende, que naceu para motivar aos estudantes da provincia de Lugo a crear e xestionar as súas propias empresas, concedeu o segundo dos tres principais premios do curso 2016-17 aos alumnos de FP Básica do IES San Rosendo.  Este premio, dotado con 1.700 euros, recaeu no proxecto de comercialización de arte floral desenvolvida a través da miniempresa Arte Floral San Rosendo creada polos alumnos da FP Básica e coordinada pola profesora Yolanda López.

 

http://www.edu.xunta.es/fp/proxecto-mini-empresas-lugo

http://www.cronica3.com/2017/06/segundo-premio-en-eduemprende-do-alumnado-de-fp-basica-do-ies-san-rosendo-de-mondonedo/ 

http://elprogreso.galiciae.com/sites/default/files/pdf_portada/2017/06/16/mar16mar001_1.pdf

Distribuir contido