Taboleiro

50 aniversario da entrada das mulleres no IES San Rosendo

 

Este venres 1 de xuño, celebrouse no IES San Rosendo o 50 aniversario da entrada de estudantes femininas no instituto para cursar o bacharelato da época. O acto contou cun cóctel de benvida, unha mesa redonda para compartir experiencias e lembranzas, unha visita ás instalacións e un xantar de irmandade.

http://www.cronica3.com/2018/05/50-aniversario-da-entrada-das-mulleres-no-ies-san-rosendo-de-mondonedo/

http://cadernodeantonioreigosa.eu/2018/05/50-pontes-para-a-igualdade-no-50o-aniversario-das-primeiras-alumnas-do-ies-san-rosendo/

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/mondonedo/2018/06/01/emocion-reencuentro-mondonedo/00031527878247662978901.htm

Despedida ao alumnado de 2º de Bacharelato

Alumnos e profesores de 2º de Bacharelato

«Foron seis anos no centro, cheos de experiencias marabillosas e traballo recompensado». É o balance que ofrece a directora do IES San Rosendo de Mondoñedo despedindo ao alumnado de segundo de Bacharelato. «O profesorado —añade— felicítaos por todo o acadado e deséxalles moito éxito e toda a felicidade na nova vida que agora emprenden». Desde aquí también nos sumamos a ese desexo, e que a súa nova etapa sexa do máis fructífera.

 La Voz de A Mariña
22 May 2018

O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º de Bacharelato do IES San Rosendo gañador absoluto do Galiciencia 2018

Representantes do IES San Rosendo de Mondoñedo, autoras do proxecto gañador da Galiciencia.

 

 

Un equipo de oito estudantes do IES San Rosendo de Mondoñedo, cun proxecto de ciencia cidadá para a recuperación da biodiversidade no rural, foi o gañador absoluto da edición de 2018 de Galiciencia, a maior feira científica escolar de Galicia. A iniciativa, bautizada co nome de “Rebinxe“, foi a mellor valorada polos 40 membros do Foto de familia dos premiados en Galiciencia 2018.xurado entre as 50 propostas finalistas. Como premio, os estudantes de Mondoñedo, representados na feira que tivo lugar na Tecnópole de San Cibrao por Lidia Barreira e María Bouso, recibirán 1.000 euros para financiar a súa participación na Exporecerca 2019 a feira científica de carácter estatal máis prestixiosa.

 http://www.crtvg.es/informativos/un-instituto-de-mondonedo-gana-o-galiciencia-cun-proxecto-sobre-biodiversidade

 

O alumnado de Ciencias de primeiro de Bacharelato participa no GALICIENCIA 2018.

O proxecto presentado polo alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo foi seleccionado para participar en Galiciencia, a maior feira científica da comunidade, que se celebrará en Ourense, do 9 ao 11 de maio. Está representado polas alumnas  Lidia Barreira e María Bouso.  Presentan o proxecto Rebinxe, para a recuperación da biodiversidade nos concellos de Mondoñedo, Abadín e Lourenzá. Galiciencia desenvolvese na Tecnópole de San Cibrao das Viñas e céntrase no cambio climático.

 

 

 

https://i.avoz.es/sc/tSokwLyH7W_b3mNjwDXU_mxMt_E=/600x/2018/05/09/001215... 600w, https://i.avoz.es/sc/bNaXCvFrw-fVCuRiYU_RhIayBYA=/900x/2018/05/09/001215... 900w" width="760" height="427">

A Unión Europea regalará 15.000 pases de INTERRAIL GRATIS !!!

A Unión Europea regalará 15.000 pases de INTERRAIL GRATIS...

Si! Tal como o escotas, pero tes que ter 18 años!

Ai sabes de alguén que teña 18 años ou os cumpla antes do 1 de Xullo avísao! pode entrar no sorteo de esos 15.000 pases gratis de INTERRAIL

As condicións son estas:

  • Ter 18 anos (datas de referencia 1 de Xullo).
  • Ter a nacionalidade de algún dos 28 membros da UE.
  • Pódese aplicar individualmente ou en grupos de ata 5.
  • Solicitude Online do 12 ao 26 de Xuño do 2018.
  • Os Gañadores do Interrail gratis serán notificados por correo en Xuño.
  • A viaxe debe ser entre xullo e setembro do 2018.
  • Duración de entre 1 e 30 días.
  • A web oficial para inscribirse é esta: http://www.youdiscover.eu/

 

Alumnos dos IES San Rosendo gañan un premio á orixinalidade no concurso de robots da Universidade de Vigo

 

 

Na cuarta edición da Competición de Robots da Escola de Inxeniería Industrial da Universidade de Vigo o equipo ‘Amolou 4’ do IES San Rosendo obtivo o premio á orixinalidade na categoría Wall-E para estudantes de secundaria.

Os rapaces disfrazaron ao robot de tortuga e gañamos por la estética", contou Carmen Doural, profesora de tecnoloxía. 

 

 

Mondoñedo é Poesía cos alumnos e alumnas do IES San Rosendo

 

O programa Proxecto Neo adica o seu programa 227 ao encontro Mondoñedo é Poesía. Inicialmente, entrevista a Xulio Rodríguez Leiras, que fixo de cronista do encontro e que nos leva da man polas rúas e prazas mindonienses e nos presenta as actividades realizadas en cada unha das paradas. Na parte central do programa conversa con tres poetas que son ou foron alumnos e alumnas do IES San Rosendo: Chema Merino, Iria Rivas e Carmen PavónCoas palabras de Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo, despídese esta entrega de Proxecto Neo.

 

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde en Radio Burela.

 

 

Matemáticas na Raia 2018

O pasado xoves 19 de abril o alumnado de 3º ESO participou no concurso "Matemáticas na Raia".

 Matemáticas na Raia é un concurso anual de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM). Está pensado para alumnado de3º ESO en Galicia e 9º Grao en Portugal.

 A proba consistiu en resolver, en hora e media, cinco problemas por equipos de clase completa, como podemos ver nas fotos.

 

Desde o departamento de matemáticas queremos agradecervos a vosa paixón e esforzo demostrados durante a realización da proba. Agardamos que sigades no día a día coa mesma ilusión que nos transmitistes cara afóra aos organizadores. Sexa cal sexa o resultado, entre todos logramos o obxectivo principal: disfrutar das matemáticas colaborando en equipo. Seguro que tamén quedaron detalles que mellorar, pero iso quedará para outras ocasións, para as cales vos animamos a seguir participando.

 

Distribuir contido