Taboleiro

O MEC abre a convocatoria para os Campus científicos de verán 2017 para alumnos de 4º de Secundaria e 1º de Bacharelato

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Española para a Ciencia e la Tecnoloxía, FECYT, coa colaboración da Obra Social “La Caixa”, abriron a convocatoria da oitava edición dos Campus Científicos de Verán. Tratase dunha estancia de verán para alumnos de Secundaria e Bacharelato no que teñen a oportunidade de sumarse a un proxecto de investigación xunto a científicos en universidades de toda España. O plazo para a presentación de solicitudes está aberto desde o día 7 de marzo ata as 15 horas do 24 de marzo de 2017. 

A alumna do IES San Rosendo Soraia Barbosa Oliveira compite na 36 edición do campeonato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2017

Soraia Barbosa coa profesora Yolanda López

A trixésimo sexta  edición do Spainskills (Competicións Nacionais de de Formación Profesional) conta coa participación da alumna de IES San Rosendo de Mondoñedo Soraia Barbosa Oliveira. No seu ramo de floristeria compite contra Madrid, Murcia, Navarra e Cantábria. Nesta competición están os mellores de cada comunidade e de cada especialidade. Terán que facer, en principio : vestido de maniquí, ramo de man e ramo de xarrón.

http://www.cronica3.com/2017/02/unha-alumna-do-ies-san-rosendo-de-mondonedo-esta-a-participar-na-36-edicion-das-spain-skills/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2017/03/01/alumna-ies-san-rosendo-compite-spain-skills/0003_201703X1C5995.htm

 

  Soraia Barbosa e a profesora Yolanda López no Spainskills

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez acudiu á inauguración do Spainskills 2017 para apoiar aos alumnos galegos.

Os representantes de Galicia no Spainskills 2017 co conselleiro Román Rodríguez

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21378 

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/un-total-25-jovenes-representan-galicia-spainskills-2017/idEdicion-2017-02-28/idNoticia-1043564/

Teatro en francés e excursión a Monforte

O mércores 22 de febreiro os alumnos de francés de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato asistiron no auditorio Gustavo Freire de Lugo a unha representación en francés da adaptación obra de teatro de Rostand Cyrano de Bergerac.

 

 

Pola tarde os alumnos achegáronse a Monforte a coñecer o Museo do Ferrocarril de Galicia e a visitar o Pazo de Tor.

 

Viaxe a Andorra e actividades deportivas na neve.

Durante a terceira semana de xaneiro 22 alumnos do IES San Rosendo viaxaron a Andorra para desenvolver actividades deportivas na neve.

A nova en La Voz de Galicia. A mariña 

Os alumnos de Bacharelato visitaron Celanova, Bande e Ourense.

O pasado día 26 de xaneiro os alumnos de 2º de Bacharelato fixeron unha visita ao mosteiro de San Salvador de Celanova, deténdose especialmente na capela mozárabe de San Miguel. Posteriormente achegáronse á igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e ao campamento romano de Aquis Querquennis. Pola tarde fixeron un pequeno recorrido pola cidade de Ourense, cunha parada nas súas famosas Burgas.

Durante a visita ao mosteiro de San Salvador, alumnos e profesores foron recibidos moi cortesmente por D. José Luis Ferro, alcalde de Celanova, en atención á vinculación con S. Rosendo que une a Mondoñedo e Celanova.

 

O alumnado do IES San Rosendo recibe os Premios Camiño de Santiago 2016 na modalidade de Traballos de Caracter Educativo

O IES san Rosendo ven de gañar, por segundo ano consecutivo, a modalidade de Traballos de Carácter Educativo nos premios Camiño de Santiago 2016 organizados pola Conselleria de Turismo. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido