Skip to Content

Conmemoracións

Pasatempos FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Despois de ler o traballo do equipo da biblio e o que a web https://primaveradasletras.gal nos ofrece, seredes quen de realizar estes pasatempos?

Se conseguides a resposta a todos os enigmas, pasade pola biblioteca!!!!

Pasatempos FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN de Amalia Otero

Un alfabeto para Florencio

Preme nas distintas teclas para coñecer mellor ao autor das Letras 2022:

Florencio Delgado Gurriarán: de Córgomo a México

Día do Libro: falamos de libros que falan de libros

Día do Libro Infantil 2022

O responsable da mensaxe para a actual edición do Día do Libro Infantil é


o escritor Richard Van Camp (Canadá, 1971, autor de moitos libros de literatura infantil). Este é o seu pregón:

Ler é liberdade. Ler é respirar.
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
A plenitude do teu universo só medra cando les.
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
As historias son menciña. Curan.  Reconfortan. Inspiran. Ensinan.
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
Mahsi cho. Moitas grazas.

(tradución de Mercedes Pacheco)

Día Mundial do Teatro 2022

O autor da mensaxe desta novo Día Internacional do Teatro (que celebramos o domingo, 27 de marzo e xa van alá 50 edicións) é Peter  Sellars: director  norteamericano de ópera, teatro e festivais, nado en  1957, recoñecido polas súas interpretacións innovadoras e transformadoras dos clásicos, a defensa da música contemporánea e do século  XX e proxectos colaborativos cun alcance extraordinario, de artistas creativos e escénicos; a súa obra ilumina o poder da arte como medio de expresión moral e acción social. Na actualidade e profesor de “Artes e Culturas do Mundo” na Universidade de California.

Velaquí a súa mensaxe:

Queridos amigos,

    Mentres o mundo vive pendente, cada minuto e cada hora, dun continuo goteo de novas,  gustaríame facer un chamamento para que todos nós, como creadores, nos adentremos no noso ámbito e na nosa esfera e na perspectiva dun tempo que se albisca épico, con cambios e conciencia épica, cunha reflexión e visión épicas. Estamos a vivir nun período épico na historia humana e as  consecuencias e cambios profundos que estamos a experimentar nas relacións dos seres humanos entre si e con outras esferas non humanas están no límite da nosa capacidade de comprender, articular, falar e expresarnos.
    Non estamos a vivir nun ciclo de noticias de 24 horas, estamos a vivir ao bordo do tempo. Os xornais e os medios de comunicación están completamente desbordados e son incapaces de facer fronte ao que estamos a vivir.
    Onde está a linguaxe, cales son os movementos e cales son as imaxes que poderían permitirnos comprender os profundos cambios e rupturas que estamos a experimentar? E como podemos transmitir o contido das nosas vidas neste momento non como unha reportaxe senón como unha experiencia?
    O teatro é a arte da experiencia.
    Nun mundo atafegado por vastas campañas de prensa, experiencias simuladas, prognósticos espantosos, como podemos ir máis aló da repetición interminable de números para experimentar a santidade e a infinidade dunha soa vida, un só ecosistema, unha amizade ou a calidade aportada pola luz dun ceo estraño? Dous anos de pandemia minguaron os sentidos das persoas, teñen reducido as súas vidas, roto conexións e colocáronnos nunha estraña zona cero da morada humana.
    Que sementes debemos plantar una e outra vez nestes anos, e cales son as especies invasoras e de crecemento incontrolado que deben extirparse por completo? Moita xente está ao límite. Tanta violencia está a estalar, irracional ou inesperadamente. Tantos sistemas establecidos reveláronse como estruturas de crueldade continua.
    Onde están as nosas cerimonias de recordo? Que necesitamos lembrar? Cales son os rituais que nos permiten finalmente  reimaxinar e comezar a ensaiar pasos que nunca antes deramos?
    O teatro da visión épica, o propósito, a recuperación, a reparación e o coidado necesita novos rituais. Non necesitamos que nos entreteñan. Necesitamos xuntarnos. Necesitamos compartir o espazo, e necesitamos cultivar ese espazo compartido. Necesitamos espazos protexidos de escoita profunda e igualdade.
    O teatro é a creación na terra do espazo de igualdade entre humanos, deuses, plantas, animais, pingas de choiva, bágoas e rexeneración. Ese espazo da igualdade e da escoita profunda está iluminado pola beleza oculta, que se mantén viva nunha profunda interacción entre perigo, ecuanimidade, sabedoría, acción e paciencia.
    En
O Sutra do Ornamento Floral, Buda enumera dez tipos de gran paciencia na vida humana. Un dos máis poderosos chámase Paciencia para Percibir Todo como Espellismos. O teatro sempre presentou a vida deste mundo como se dun espellismo se tratara, permitíndonos ver a través da ilusión e desilusión humana, o engano, a cegueira e a negación con claridade e forza liberadoras.
    Estamos tan seguros do que vemos e da forma en que o estamos vendo que somos incapaces de ver e sentir realidades alternativas, novas posibilidades, diferentes enfoques, relacións invisibles e conexións  atemporais.
    Este é un tempo para un profundo refrescar das nosas mentes, dos nosos sentidos, da nosa imaxinación, das nosas historias e do noso futuro. Este traballo non pode ser feito por persoas illadas traballando soas. Este é un traballo que necesitamos facer xuntos. O teatro é a invitación para facer este traballo xuntos.
    Moitas grazas de todo corazón polo voso traballo.

 

Miguel Hernández 80 anos despois

O 28 de marzo de 1942 o poeta Miguel Hernández con 31 anos morría no penal de Alacant. España perdía un dos máis auténticos poetas do século XX. Hoxe, oitenta anos despois, os seus versos seguen a falarnos e, grazas a eles, cumprimos co noso deber:


“Lembrar a Miguel Hernández que desapareceu na escuridade e lembralo a plena luz, é ... un deber de amor. Poucos poetas tan xenerosos e luminosos... Non tiña Miguel a luz  cenital do Sur como os poetas  rectilíneos de Andalucía senón unha luz de terra, de mañá  pedregosa, luz espesa de  panal espertando. Con esta materia dura como o ouro, viva como o sangue, trazou a súa poesía duradeira. E este foi o home que aquel momento de España desterrou á sombra! Tócanos agora e sempre sacalo do seu cárcere mortal, iluminalo coa súa valentía e o seu martirio, ensinalo como exemplo de corazón  purísimo! Darlle a luz! Darlla a golpes de recordo, a  paletadas de claridade que o revelen, arcanxo dunha gloria terrestre que caeu na noite armado coa espada da luz!” (Pablo  Neruda)

 

 

HISTORIA CONOCIDA

Es una historia conocida, amigos,
todos la recordamos,
—viento del pueblo se perdió en el pueblo—
pero no ha terminado.

Hace tiempo hubo un hombre entre nosotros,
alegre, iluminado,
que amó y vivió, cantaba hasta en la muerte,
libre como los pájaros.

¡Qué bonito sería! Nace, escribe,
muere desamparado.
Se estudian sus poemas, se le cita,
y a otra cosa, muchachos.

Pero su nombre continúa, sigue,
como nosotros, esperando
el día en que este asunto, y otros muchos,
se den por terminado.

¡Qué bonito sería! Nace, escribe,
muere desamparado.

                       (José Agustín Goytisolo)

 

30 cabodano de Antón Avilés de Taramancos

Poesías para o 8 de marzo

Falemos de Rosalía

Distribuir contido


by Dr. Radut