Skip to Content

Conmemoracións

Falemos da lingua materna/Falemos a lingua materna!

Ciencia: feminina e plural

30 xaneiro: Lembrando a Reimundo Patiño

Unha lectura moi acaída para hoxe:

DÍAZ, Alberto, Bo tempo, Demo Editorial, 2020, 124 pp.- para coñecermos mellor a Reimundo Patiño: a súa biografía desde a perspectiva persoal e autobiográfica de Alberto Díaz que durante a súa infancia conviviu con el en Madrid, onde Patiño viviu ata a súa morte mantendo sempre un contacto directo e comprometido coa cultura galega.

(ilustración de Xaquín Marín)

Maís información sobre o homenaxeado nesta edición do Día da Ilustración premendo aquí.

 

Un resumo do noso 25 N

Lemos o 25 N!

Día d@s lector@s

O 3 de novembro de 1928 nacía en Gres (Vila de Cruces) Xosé Neira Vilas; 93 anos despois celebramos, por primeira vez, o Día do Lector/-a.

Neste pequeno texto recollemos a memoria literaria das primeiras vivencias lectoras do autor das Memorias dun neno labrego:

LER

    Foi o patriarca da familia, o exemplar avó -músico, zoqueiro e labrego-, quen asumiu a maior parcela da miña formación dende que eu era unha arumia, un besbello tatexante que comezaba a ter trato co mundo. Fun sabendo de xentes e aconteceres. Deprendín os saúdos e cortesías mínimas que correspondían ás horas do día, lugares e circunstancias. Todo un código para o trato social. Deprendín o solfexo cantando e un algo de teoría musical. E veu logo o silabario, coa súa llana dos cristos que soletreaba con afán. E tras do coñecemento da palabra-signo, a lectura. O cavilar e o sentir trocados en voz, en mensaxe sonora, viva, latexante; en xesto comunicador, todo un descubrimento, un achado, un milagre.
    En veces o avó-mestre só dispoñía dun garabullo co que escribía na borralla da lareira ou no po do camiño. Tal foi o meu comezo. Despois viría o encerado e viría o papel. E virían impresos diversos, cartas, documentos de escribán que había pola casa. E os primeiros e escasos libros. Lía con fervor, con ansiedade, e como todo me sabía a pouco volvía unha e outra vez ás mesmas páxinas, ós mesmos papeis.
    O avó alentaba aquel entusiasmo, aquela obsesión. Animábame máis e máis, e foi así que me abriu un camiño de inquedanzas e de afáns polos que transitaría a miña existencia.

NEIRA VILAS, Xosé, De Gres a Cádiz, Galaxia, Vigo, 2018, pp 47-48

E para este día e para todos os días do ano non esquezamos o decálogo de dereitos d@s lector@s:

1) O dereito a non ler.

2) O dereito a saltarnos páxinas.

3) O dereito a non terminar un libro.

4) O dereito a reler.

5) O dereito a ler calquera cousa.

6) O dereito ao bovarismo (enfermidade de transmisión textual)

7) O dereito a ler en calquera sitio.

8) O dereito de follear.

9) O dereito a ler en voz alta.

10) O dereito a calarnos.

(Daniel Pennac, Como unha novela)

Para @s grandes lector@s, para @s lector@s discret@s, para @s pouco lector@s e tamén para @s non lector@s, Feliz día do lector/-a!

 

 

 

 

Tempo de medo e morte

Falamos de bibliotecas

Palabra de escritoras!

A escrita en todos os tempos ten nome de muller aínda que moitas veces eses nomes femininos teñan sido esquecidos ou só citados nunha nota ao pé de páxina nas historias da literatura tradicionais. Nos últimos anos distintas iniciativas están a dar visibilidade á labor das mulleres que empuñaron a pluma, das moitas “sin sombrero” que permaneceron silenciadas... xa que as palabras escritas duran no tempo, aproveitamos unha nova edición do Día das Escritoras para dar a palabra a 18 delas. Entra na seguinte presentación interactiva se queres coñecer máis e mellor a vida e obra destas autoras pioneiras.

450 aniversario da batalla de Lepanto

O 7 de outubro de 1571 no golfo de Lepanto, a armada cristiá (integrada por tropas e barcos de Venecia, Xénova, os Estados Pontificios e España) baixo o mando de don Xoán de Austria, irmán de Filipe II, enfrontouse e venceu á armada turca-otomá dirixida por Alí-Pasha. Este episodio bélico, que freou o expansionismo turco e garantiu unha maior seguridade no Mediterráneo, inspirou diversas manifestacións artísticas. Delas destacamos:

  • No cruceiro sur da igrexa do convento de dominicos tudense, a parte superior do retablo da Nosa Señora do Rosario, onde podemos contemplar unha curiosa representación da batalla.


Por la victoria de Lepanto

Hondo Ponto, que bramas atronado   
con tumulto y terror, del turbio seno   
saca el rostro de torpe miedo lleno,   
mira tu campo arder ensangrentado,

 
y junto en este cerco y encontrado  
todo el cristiano esfuerzo y sarraceno,   
y cubierto de humo y fuego y trueno,   
huir temblando el impío quebrantado.   
 
Con profundo murmullo la victoria   
mayor celebra, que jamás vio el cielo  
y más dudosa y singular hazaña,   
 
y di que sólo mereció la gloria,   
que tanto nombre da a tu sacro suelo,   
el joven de Austria y el valor de España.   

Non esquezamos neste día a “más alta ocasión que vieron los siglos pasados, los presentes, ni esperan ver los venideros” segundo escribiu Cervantes (soldado nesta batalla) nos prólogos das Novelas ejemplares  e da II parte do Quixote!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut