Teatro: "Casa de bonecas"
Para celebrar o Día Internacional da Muller o alumnado de ensino de adultos e parte do seu profesorado asistimos, o pasado xoves día 5 de marzo, á obra de teatro "Casa de Bonecas" da compañía Estudo Momento, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do Concello de Monforte.
A pesar dalgúns problemas técnicos, puidemos desfrutar dunha boa adaptación da obra do dramaturgo noruegués Henrik Ibsen, considerada por moitos críticos como a primeira obra teatral verdadeiramente feminista.