Titoría entre Iguais - Programa TEI

Dende principios do segundo  trimestre do presente curso  púxose en marcha no Río Cabe o programa TEI (Titoría entre Iguais), co obxectivo de  mellorar a convivencia entre o alumnado do centro.

O alumnado de terceiro da ESO actuará, de xeito voluntario, como titor ou colaborador do alumnado de 1º da ESO neste primeiro ano , e no próximo curso ampliarase a 4º  e 2º ESO.

Para poner en marcha o programa quixemos contar coa colaboración das familias, e para eso foron convocadas a unha reunión coa dirección do centro e co equipo TEI  a principios do mes de febreiro, onde se lles informou do contido do programa e as ventaxas de poñelo en funcionamento. A súa resposta foi, en xeral ,moi positiva.

Despois de varias sesións informativas e outras de actividades de interacción entre titor/a- titorando/a, o  día 7 de febreiro fíxose entrega dos diplomas acreditativos  aos titores TEI .