XI Olimpiada de Xeoloxía

O pasado 12 de febreiro, 12 alumnos e  alumnas  de 1º de Bacharelato do IES Río Cabe participaron na XI Olimpiada de Xeoloxía que se levou a cabo na Facultade de Ciencias da  cidade de Ourense e na que participaban estudantes de toda Galiza. O alumnado foi acompañado da súa profesora da asignatura, María Padrón.

Durante toda a xornada, os estudantes tiveron que traballar en grupos e resolver os distintos retos que se lles encomendaron. Foi un día intenso, emocionante e tiveron que poñer a proba a súa capacidade de traballo en equipo e baixo presión. A pesar de non gañar, a experiencia foi moi enriquecedora, didáctica e divertida. Noraboa  a todos eles.