Visita á exposición "Galicia en Fíos"

O pasado luns 27 de xaneiro os alumnos de 3º e 4º ESO das materias de Valores Éticos e Cultura Clásica asistiron á  Exposición “Galicia en Fíos” na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. Contamos coa presencia da autora da mostra Lorena Quintás, quen realizou algúns talleres cos discentes contribuíndo así a visibilizar o proxecto.

Ademais, a autora instou aos alumnos a non ver as dificultades e discapacidades como hándicaps ou impedimentos, senón como medio para poñer en valor o afán de colaboración, superación, traballo en equipo, esforzo e motivación persoal, valores moi en boga e de plena actualidade na sociedade actual.

Dende o centro queremos amosar o noso enorme agradecemento a Lorena polo seu esforzo e colaboración totalmente desinteresada.