Finalistas do Concurso de Coñecementos Financeiros "Finanzas para Mortales"

Cinco alumnos de 1º de Bacharelato acaban de acadar un dos oito postos que dan acceso ás fases presenciais do concurso de preguntas sobre coñecementos financeiros "Finanzas para Mortales".

Estes alumn@s son, por orde alfabética: Uxía Freire Díaz, Isabel García Sánchez, Jorge García Vázquez, Emma López Méndez e Lucía Rodríguez Abellano.

O alumnado leva preparando a súa participación nesta competición desde o inicio do curso e tiveron que pasar dúas fases online. Na primeira delas clasificáronse 33 centros de ámbito nacional para pasar a seguinte rolda e lograron acadar a primeira posición de toda España contestando a diferentes preguntas tipo test sobre educación financeira. Unha vez que estes 33 centros participarón na segunda fase da competición, o alumnado do IES Río Cabe volveu a acadar o primeiro posto entre os oito finalistas que pasan ás fases presenciais que se celebrarán a partires do mes de setembro do próximo curso escolar. É de destacar que o noso centro é o único de Galicia que logrou acceder á fase final.

Resultados da 1ª Fase Online:

Resultados da 2ª Fase Online:

Destes oito equipos, dous deles chegarán á final que se celebrará en Madrid o Día da Educación Financeira, que este ano terá lugar o 7 de outubro de 2019. 

Este concurso forma parte do "Programa de Educación Financiera" organizado polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores. Os equipos participantes deben responder o maior número de preguntas tipo test no menor tempo posible, tendo catro posibles respostas cada unha delas e céntranse en temas de finanzas persoais e economía doméstica, nos principais produtos financeiros, e en xeral no mundo da economía, as finanzas e os mercados financeiros. O seu nivel de dificultade vai aumentando conforme avanzan as fases do concurso.

Agora o equipo de 5 alumnos está á espera de que lle comuniquen cal será o seu primeiro rival no mes de setembro e a que cidade de España teremos que acudir para competir na seguinte fase, coa esperanza de poder chegar á final o Día da Educación Financeira.