Graduación do noso alumnado de 2ºBAC

O pasado venres 31 de maio o alumnado de 2ºBAC estivo acompañado polas súas familias, amigos, profesores, o alcalde da cidade (que pechou o evento)... no acto de Graduación celebrado no Multiusos.

Foi unha emotiva xornada na que contamos tamén coa presenza dunha ex alumna (Marina Fernández, que na actualidade presenta na Ser "De buenas a primeras"). A nosa invitada exerceu de madriña da promoción e deleitounos cunha amenísima charla que nos chegou ó corazón.

 

Catro alumnos encargáronse de representar ó resto dos seus compañeiros e tamén foi o alumnado o protagonista dos momentos de música en directo con que lle deron variedade ó acto:

Houbo tempo para o sorriso, para o recordo de momentos vividos no centro coa proxección de dous vídeos... Tamén recibiron as súas simbólicas bandas de graduados, diplomas do paso polo IES e premio ó esforzo académico.

Dese día puidemos gardar fotos para o recordo grazas ó "Photocall" deseñado polos profesores de tecnoloxía Iván e Fe. A sorpresa foi do agrado de alumnado, familia, profesores... e permitiu que cadaquén escollese unha variada composición, a súa imaxe orixinal para recordar.

Desexámoslle moitísima sorte ó alumnado e esperamos que nunca esqueza que o IES Río Cabe será sempre o seu instituto.