Premio polo traballo "Desigualdade" no concurso Audiovisual "Mulleres"

Sandra Rodríguez Macía e Iria Rodríguez Macía, alumnas de 1º de Bacharelato, foron premiadas coa obra titulada "Desigualdade" no Concurso Audiovisual "Mulleres" 2019, organizado pola Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG). Os membros da Xunta de Goberno e da Comisión Intersectorial de Xénero do COPG veñen de trasladarlles os seus parabéns polo traballo realizado.

O premio consiste nunha actividade para todo o grupo nalgunha das salas de escape de Galicia e nun obradoiro sobre Orientación Audiovisual co director e produtor Pablo Cacheda de Paz.