Doces e deportes... para a excursión de 4º ESO

Estes días o alumnado de 4º ESO comezou a realizar actividades co fin de recaudar cartos para a súa viaxe de fin de curso a Roma. Entre as distintas propostas estivo a que levan realizando con éxito dende hai anos: a elaboración de postres caseiros que fixeron as delicias da comunidade educativa no recreo do pasado luns.

E o mércores tocoulle o turno ó deporte, xa que organizan distintos torneos. Comezaron polo fútbol; o primeiro partido foi entre  os alumnos de 4º e 2º  de ESO que se anotaron á actividade.