"Semente" Presentación no noso Instituto do V Concurso de ideas emprendedoras

O pasado martes acollemos no Salón de actos do centro a presentación da convocatoria do V Concurso Ideas emprendedoras da Asociación Semente.

Sara Fernández, Severino Rodríguez e Manolo Eiriz explicáronlle, fundamentalmente a alumnos de adultos do centro, en que consiste o proxecto "Semente",comezado no 2014, animaron a presentar ideas para o concurso, explicaron as posibilidades de .que unha boa idea sexa promocionada, recoñecida e incluso subvencionada por algunha empresa ou organismo interesado aínda que non resulte gañador o proxecto.

 

O ex alumno do noso centro, Carlos Pérez, de Terras de María Castaña comentou en que consistiu o seu proxecto gañador da anterior convocatoria e explicou como apostou por unha idea viable e apegada á realidade..

Neste enlace podedes consultar as bases para participar nesta V convocatoria. O prazo está aberto ata o 30 de novembro e os premios son de 8000 euros (1ºPremio), 500 (o 2º) e 3000 para o 3º.

Sempre se necesitan boas ideas. Seguro que tedes moitas!!