UNS EN FINLANDIA... OUTROS EN DUBLÍN
Comenzou o mes de setembro con moitas viaxes no Río Cabe. Mentres algúns alumnos de 2ºBAC están rematando a súa estancia de intercambio en Finlandia, despedimos hoxe a outro grupo, tamén de 2º, que marchan a Dublín para unha actividade de inmersión lingüística e aloxamento en familias. As profesoras que os acompañan son Maite Carreira e Eva Dios. Irán informando das novidades...Tamén podedes consultar ESTE BLOG.
A instantánea anterior é de momentos antes da despedida. E a seguinte da chegada ó aeroporto:
Este venres 14, podemos velos disfrutando de Dublín antes da primeira clase.
Glendalough e Kilkenny foron os espectaculares lugares polos que pasearon o sábado 15. Podedes comprobalo nestas imaxe do grupo:
O domingo 16 continaron as visitas por Dublín: a catedral de Saint Patrick, os paseos en bici por Phoenix Park e por varias pontes sobre o río Liffey... Neste collage tedes un resumo moi gráfico.
Tamén parece espectacular a visita á Biblioteca do Trinity College, da que dan conta estas fotos doutro día: