Skip to Content

Lingua Galega

Saída Celanova

O pasado 9 de abril o estudantado de 3eiro da ESO fixo unha visita didáctica á vila de Celanova. Esta foi organizada, en coordinación, entre o noso departamento e o de Música. As e os estudantes puideron coñecer unha vila fundamental para a historia da nosa literatura, por figuras tan importantes coma Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Méndez Ferrín. A Casa dos Poetas, o mosteiro e IES ou Vilanova dos Infantes foron algúns dos lugares visitados. Foi unha xornada intensa e fermosa.

8M, Día da Muller

Dende o departamento de Lingua Galega colaboramos nas actividades do 8M, singularmente, en dúas:

1. Unha charla sobre violencia de xénero desenvolvida por Noelia Míguez e á que asistiron 3eiro e 4º da ESO, 1eiro de Bacharelato, 2º curso das FPBásicas e CM de Comercio.

2. Unha actividade de reflexión sobre identidade e igualdade que desenvolveron todos os cursos na hora de titoría..

Día de Rosalía

Este venres 23 de febreiro festexamos o Día de Rosalía. Alén do traballo que fixemos na aula de coñecemento desta figura piar da nosa cultura e identidade, o estudantado participou en dúas actividades:

1. Ruada rosaliana: a profesora Raquel en coordinación cos docentes África e Víctor do departamento de música prepararon a representación musical de varios poemas da autora. Participaron o estudantado de música e o voluntariado da Biblioteca. Foron polos diferentes centros educativos da nosa parroquia, Torneiros; polo Centro de Día, por ACESCA, polo supermercado que temos en fronte do noso centro e, finalmente, actuaron no noso instituto. Ata nos deleitaron con bailes!

2. O estudantado de terceiro da ESO participou nunha actividade organizada polos EDNL dos centros educativos do noso concello no que se homenaxeou a figura de Rosalía de Castro. Participaron na actividade as docentes Laura (coordenadora do EDNL do noso centro) e Paz. Ademais, impulsaron a campaña de Aquí fálase galego.

Ademais, o estudantado de FPBásica de Mantemento fixo unha investigación coa docente Soraya sobre os lugares e edificios chave na vida de Rosalía de Castro. A partir dese traballo, elaborou uns cartaces que compartiu con toda a comunidade educativa.

Saída ó teatro: Apaga o Candil, de Cándido Pazó

O alumnado de 1º Bacharelato do noso centro desprazouse o pasado martes 16 de xaneiro ao Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas para asistir á representación teatral da obra Apaga o candil, de Cándido Pazó (na fotografía, xunto a tres dos nosos estudantes). A obra é unha homenaxe a Carlos Díaz O Xestal, un dos humoristas galegos máis populares dos anos 60 e 70, cunha historia persoal entre o éxito e a amargura. O noso alumnado quedou fondamente impresionado por esta peza, unha comedia dramática protagonizada por dous actores excepcionais, Avelino González e Toni Salgado, que manteñen un diálogo que evoca ao do Cabaleiro e a Morte na bergmaniana O Sétimo Selo.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut