Día de Rosalía
1. Ruada rosaliana: a profesora Raquel en coordinación cos docentes África e Víctor do departamento de música prepararon a representación musical de varios poemas da autora. Participaron o estudantado de música e o voluntariado da Biblioteca. Foron polos diferentes centros educativos da nosa parroquia, Torneiros; polo Centro de Día, por ACESCA, polo supermercado que temos en fronte do noso centro e, finalmente, actuaron no noso instituto. Ata nos deleitaron con bailes!
2. O estudantado de terceiro da ESO participou nunha actividade organizada polos EDNL dos centros educativos do noso concello no que se homenaxeou a figura de Rosalía de Castro. Participaron na actividade as docentes Laura (coordenadora do EDNL do noso centro) e Paz. Ademais, impulsaron a campaña de Aquí fálase galego.